Bandera de Galicia Bandera de España

CONCELLOS


PRESENTACIÓN DA MANCOMUNIDADE

A Mancomunidade de municipios galegos do camiño francés abrangue todos os concellos desde que o Camiño de Santiago entra en Galicia ata o límite con Santiago de Compostela. Nesta fermosa ruta, o visitante será recibido por unhas fermosas paisaxes e xentes agradables, que farán da visita unha experiencia difícil de esquecer.

Nos concellos que compoñen a Mancomunidade, o visitante poderá disfrutar de todos os servizos que temos preparados para el. Desde o merecido descanso do peregrino ata os servizos de información e asesoramento, pasando polos excelentes produtos gastronómicos e a cultura da nosa terra.

Os concellos que forman parte da mancomunidade teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e mesmo publicitalo. Cada concello, cada lugar ... ten espazos para o goce de peregrinos e turistas.

O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino son os municipios polos que transcorre esta ruta de historias, de lenda, de cultura e de paraxes inesquecibles.

Acompáñenos nesta visita e nós acompañarémolo a vostede para que a súa experiencia nesta marabillosa terra sexa o máis grata posible.

Se o precisa, tamén temos dispoñible para vostede unha sección de contacto, na que atenderemos gustosamente as súas dúbidas, consultas ou suxestións.
Agardamos que esta sexa a máis agradable das súas visitas.

 

Concellos da Mancomunidade


Arzúa

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Arzúa

Arzúa é unha das vilas máis significativas do Camiño de Santiago e goza da máis completa oferta turística de turismo verde de Galicia. A súa riqueza paisaxística, a variedade de espazos ambientais, a calidade dos aloxamentos e as múltiples alternativas de ocio en contacto coa natureza convértena no destino verde de Galicia...

Leer más
Melide

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Melide

Melide, Centro de Galicia, unha vila de grandes e variados recursos para o visitante. Patrimonio histórico e paisaxístico, gastronomía tradicional, festas, concertos, exposicións e todo tipo de eventos repártense ao longo de todo o ano para manter viva unha oferta de ocio e turística de calidade...

Leer más
Monterroso

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Monterroso

O Concello de Monterroso é un dos municipios integrantes da comarca de A Ulloa, comarca cunha extensión considerable, 447,6 qm2, con algo máis de 500 entidades de poboación, xunto con Palas de Rei e Antas de Ulla. O Concello de Monterroso conta cunha extensión de 114,6 qm2 e sitúase no Suroeste da provincia de Lugo...

Leer más
O Pino

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

O Pino

O Concello de O Pino atópase na provincia de A Coruña, a 18 quilómetros de Santiago de Compostela, sendo o primeiro municipio que se encontra seguindo a N-547 dende a capital de Galicia a Lugo...

Leer más
Palas de Rei

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Palas de Rei

Palas de Rei, na Comarca da Ulloa , é unha localidade lucense de preto de 3.500 habitantes cuxa historia está estreitamente entrelazada á cultura castreña, encontrándose numerosos restos arqueolóxicos que apuntan a un primitivo asentamento (mámoas, dolméns e castros)...

Leer más
Paradela

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Paradela

Este municipio posúe un clima agradable e é rico en bosques que suavizan as temperaturas tanto nos meses estivais como nos de inverno...

Leer más
Pedrafita do Cebreiro

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Pedrafita do Cebreiro

A historia deste municipio atópase fortemente influenciada pola súa relevancia no Camiño de Santiago. A súa función de paso da ruta xacobea e outras vías marcou a súa historia local...

Leer más
Portomarín

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Portomarín

A vila de Portomarín, situada na provincia de Lugo, nas marxes do río Miño, conserva as características da tradicional vila galega, con soportales, rúas empedradas e casas de baixa altura, o que a fai dona dun encanto especial. Atópase a 25 kms. ao sur da capital lucense...

Leer más
Samos

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Samos

O Concello de Samos pertence á Comunidade Autónoma de Galicia, á provincia de Lugo e á Comarca de Sarria. Forma parte das estibacións das serras orientais de Galicia...

Leer más
Sarria

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Sarria

Municipio de Interese Turístico. Sarria é unha vila xacobea nada en, por e para o Camiño de Santiago. Foi fundada a finais do século XII polo rei Afonso IX de León e Galicia, co nome de Vilanova de Sarria. Na nacente vila morreu o 24 de setembro de 1230 cando peregrinaba cara a Santiago. Como Vila Real gozou de voto nas Cortes medievais...

Leer más
Triacastela

Concellos da Mancomunidade do Camiño Francés

Triacastela

“FINAL DE ETAPA DESDE O CÓDICE CALIXTINO” Triacastela é un municipio de aproximadamente 51 km² situado na provincia de Lugo, comarca de Sarria e partido xudicial de Becerreá...

Leer más