Bandera de Galicia Bandera de España

Gastronomía


DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO ARZÚA-ULLOA

O Queixo  Arzúa-Ulloa conforma un dos principais sinais de identificación da oferta gastronómica deste municipio. Dende hai anos, as queixeiras  elaboran de forma tradicional este producto, que, co avance dos tempos, tamén chegou a ser elaborado de maneira industrial por diversas factorías da zona que o comercializan a nivel nacional e internacional, sen restar isto os seus stándares de: calidade, trazabilidade e sabor.

Palas de Rei comparte co municipio de Monterroso a Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa. É unha feira bianual, xa que un ano celébrase en Monterroso e outro ano, en Palas de Rei. A data fixouse no último domingo de abril. Os festexos, ademais de enxalzar este típico produto da zona, van acompañados de diversos actos culturais.

Este queixo ten a denominación de orixe desde o ano 1995, e comprende as comarcas de Arzúa, Ulloa, ademáis doutros concellos próximos. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa reflicte unha garantía para o consumidor de que o queixo foi sometido a rigurosos controles de calidade, e por outra banda, garante que foi elaborado con leite propia da zona. A zona de produción e elaboración do Queixo de Arzúa-Ulloa comprende 15 concellos da Coruña( Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) e 9 de Lugo (Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada). Dende o ano 1989, este produto recibe a denominación de Producto Galego de Calidade.

Trátase dun queixo elaborado con leite cru , enteiro e pasteurizado, procedente do gando das razas rubia galega, pardo alpina e frisona.De forma discoidal e pequeno tamaño. A codia é lisa e cerosa, de cor amarelo. Os queixos invernais son máis cremosos, namentres os estivais son secos e lixeiramente curados de sabor máis acedo. Este tipo de queixo é moi apreciado para a cociña pola suavidade, o que fai que acompañe os sabores sen chegar a ocultalos. Funde con facilidade, grazas á súa manteigosidade, debida ao alto contido de graxa no leite das vacas galegas.

Tipos de queixo:

Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Arzúa-Ulloa de Granxa :
Caracterízase pola súa forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, de cor amarela, brillante, limpa e lisa. Elaborado con leite pasteurizado, o período de maduración mínimo é de seis días. O seu diámetro está comprendido entre 100 e 250 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e 3,5 Kg. O seu aroma lácteo lembra ao da manteiga, e do yogur, con matices de vainilla, nata e noz. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.

Queixo Arzúa-Ulloa Curado:
Elaborado con leite de vaca cru ou pasteurizado, o período de maduración mínimo é de catro meses. De forma lenticular ou cilíndrica, o seu diámetro está comprendido entre 120 e 200 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e2,5 kg. Teñen codia de cor amarela moi intensa , brilante e de aspecto graxo. O seu aroma é moi intenso, cun forte olor a manteiga lixeiramente rancia. Sabor salgado, de baixa acidez e amargor medio.

Sede do Consello Regulador da D.O. Arzúa-Ulloa:
Ronda de Pontevedra, 30-1E
15800- Melide- A Coruña
Tfno: 981 507 653
Fax: 981 507 653