Bandera de Galicia Bandera de España

Presentación


Este municipio posúe un clima agradable e é rico en bosques que suavizan as temperaturas tanto nos meses estivais como nos de inverno. Posúe unha excelente comunicación por estrada ás principais cidades galegas e atópase a pouco máis de media hora en coche tanto de Lugo como da Ribeira Sacra onde, se atopa a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico en Europa.

Paradela, pobo vivo
 É un destino ideal para facer unha escapada en calquera época do ano. Os seus habitantes son abertos, acolledores, hospitalarios e en ocasións ofrecen a súa casa a peregrinos para pasar a noite. Conta con centro de saúde, farmacia, oficina de correos, bancos, un albergue público, servizo de taxis, supermercados, centro social e biblioteca con acceso a Internet gratis, mercado plurifuncional, piscinas municipais, xulgado de paz, pavillón, colexio plurilingüe e non esqueza a feira os días 15 de cada mes no centro do pobo!

Punto de partida do Camiño Francés
Paradela está á distancia de 100 quilómetros mínima obrigatoria para obter a Compostela, xa que aquí atópase a mouteira do Km. 100 do Camiño Francés.

www.paradela.es