Bandera de Galicia Bandera de España

Que facer


RUTAS A PÉ
 
Ruta literaria e artística do Poeta Fiz Vergara

Lonxitude: 7 Km.
Dificultade: Baixa.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Agrupación Cultural Ergueitos de Sarria  puxeron en marcha a ruta literaria en homenaxe ao poeta samoense Fiz Vergara Vilariño, natural de Santalla, na parroquia de Lóuzara.
A ruta é un parque escultórico integrado na paisaxe que recorda ao autor a través dos seus poemas.
A ruta nace en Airapadrón e remata un pouco mais aló da casa natal do autor. A poucos metros da zona pola que discorre a ruta atópanse as Covas de Santalla.
 
Ruta Fluvial de Samos a Pontenova

Lonxitude: 3 Km.
Dificultade: Baixa.

A ruta comenza no centro do núcleo urbán de Samos, ao lado do muíño de Bizarro e remata na ponte do Bao, tamén chamada Pontenova.
Trátase dunha ruta de interés natural e paisaxistico que coincide co Camiño de Santiago e discorre entre muiños, pontes medievais e pequenos pobos como Foxos, A Ferrerería, Teiguín...
 
Senda natural do entorno do Camiño Real Triacastela – Samos -Sarria

Lonxitude: 35 Km.
Dificultade: Media. De Sarria a Triacastela é ascenso e viceversa.

Esta ruta forma parte da Comarca de Sarria, compártena os tres concellos. Un extremo está en Sarria e, no que pertence a Samos, comenza en Frollais, pasando por Lier, Barxa e Perros, estos tres últimos no concello de Sarria e volve a entrar no de Samos por Veiga de Reiriz, Gorolfe, Teiguín, Foxos, Samos, San Martiño do Real, Freituxe, Lastres, San Cristovo do Real, e o último punto de Samos:  Penapartida. A ruta ten o seu outro extremo en Biduedo, municipio de Triacastela. Ésta era a ruta que utilizaban os reis de camiño ao mosteiro; vai moi próxima ao río Oribio, ou Sarria, e ten puntos en común co Camiño Francés.

Todas estas rutas permiten adentrarse na fermosa paisaxe de montañas, soutos, carballeiras e prados do interior de Galicia. Permiten apreciar a súa variada  flora e, según a qué horas, poderemos atoparnos algún xabarín, corzo ou, con moita sorte, o lobo.

Non esquezamos que as rutas tamén discorren por pequenas aldeas que gardan o seu patrimonio arquitectónico e humán.
 
Ruta da Serra do Édramo

Lonxitude: 5,5 Km.
Dificultade: Baixa.

Esta ruta comenza no Castro de Formigueiros e remata no Castro da Margarida, seguindo a Serra do Édramo, que está situada entre os ríos Sarria e  Mao. Esta ruta permite ver, ademais dos castros, as marabillosas paisaxes da Galicia interior.

Ao longo da ruta pódense ver os túmulos do Neolítico á Idade de Bronce. Un deles ten a cámara funeraria descuberta.
Durante a realización desta ruta pódense facer varios desvíos. O primeiro, hacia A Pena Grande, a 838 m. de altitude e desde onde se pode disfrutar das vistas que se alcanzan dende o seu mirador. O segundo, encamiñará ao excursionista ata a capital do concello de Samos, que merece a pena ser visitada, se un non está aloxado dela.
 
LECER
 
Área Fluvial e recreativa de Teiguín

Área de lecer situada na aldea de Teiguín, cerca do casco urbán de Samos, xunto ao río Sarria. Está formado por dúas piscinas; unha de adultos e outra infantil. Dispón dun amplo campo polivalente para xogar ao futbol, ao baloncesto, etc.; vestiarios e aparcamentos. Ao lado desta área fluvial está a parte recreativa, con bancos e mesas de pedra, ademais de barbacoa. O seu entorno é idílico.
Ao longo do Camiño en Samos tamén se pode descansar nas áreas dispoñibles para iso e  merendeiros á marxe do río, como a área de Foxos, entre outros.

Tamén no entorno da Capela do Ciprés e cerca do río hai outra zona de esparcemento e descanso.

Que visitar desde Samos

Samos é un fermoso e tranquilo lugar que invita a realizar unha agradable escala tanto ao peregrino que fai o Camiño como ao turista que está facendo un percorrido por terras lucenses. O concello de Samos tamén oferta infraestrutura turística para o visitante que decide relaxarse unha fin de semana, unha ponte ou pasar máis días.

O concello de Samos pertence á Comarca de Sarria. Pola súa situación xeográfica, desde Samos  pódense facer múltiples saídas para coñecer atractivos doutros concellos.

Pódense visitar os diferentes lugares de interese que ofertan os concellos da Comarca de Sarria, a  propia Sarria, situada a uns 12 Km, onde podemos disfrutar da visita ao seu casco vello, que aínda conserva unha torre do castelo. Tamén podemos visitar os anticuarios, xogar ao golf ou tomar unha copa nos seus pubs pola noite. Outros concellos da comarca de Sarria son O Páramo, Paradela, O Incio e Triacastela, a medio camiño entre Sarria e Os Ancares.
Nestes últimos, aproveitando que visitamos Triacastela, a 10 Km., pódese facer unha visita á aldea de O Cebreiro, a uns 34 Km. de Samos, en Pedrafita. En O Cebreiro  pódese visitar a igrexa de orixe prerrománico, que presume de ser a más antiga do Camiño. Tamén se poden ver as pallozas, que son vivendas prerromanas. Seguindo esta ruta, aínda que xa mais lonxe,  pódese visitar a aldea prerromana de Piornedo, en Cervantes e subir aos seus cumes.
 
Portomarín atópase a 36 Km. A vila de Portomarín está situada ao lado dunha ponte romana sobre o río Miño. Ao construír o embalse de Belesar, o pobo trasladouse ao veciño Monte do Cristo. Alí reconstruíronse alguns dos edificios máis importantes, tanto civís como relixiosos, destacando a Igrexa fortaleza de San Nicolás, de estilo románico, reconstruida pedra a pedra.
Pegado a Samos atópase a serra de O Courel, con Folgoso do Courel, que pertence á comarca de Quiroga e oferta ao visitante a súa riqueza etnográfica.
A 40 Km. atópase Monforte de Lemos, poboación cunha rica historia, na que se pode ver o Colexio de Nosa Señora da Antigua e a Ponte Vella, entre outros moitos monumentos. Monforte é a capital da Ribeira Sacra, que é sinónimo de viño. Sempre se poderá visitar unha bodega de viño ou facer un cruceiro polo río Sil.

Tamén podemos facer unha escapada a Lugo, capital da provincia, a 43 Km. e visitar a súa milenaria muralla, a súa catedral, etc.
O enclave xeográfico de Samos é privilexiado, xa que, aparte de disfrutar do mesmo, está próximo a outros lugares de interese.
Facer mención á “Pena dos catro Cabaleiros”, pico de 1.131m de altitude situado no límite dos concellos de A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel, O Incio e Samos. Divísase toda a serra do Courel e o val da Terra de Lemos. Está rodeado de vexetación, principalmente pinos. Nesta zona habitan numerosas especies de animais tales como o corzo, o xabarín, etc.

Según conta a lenda, o nome de “Pena dos Catro Cabaleiros”, (“Pico dos Catro Cabaleiros”), ven dado de que en tempos pasados, neste punto se reunían os cabaleiros de Pobra de Brollón, Folgoso do Courel, O Incio e Samos. Hoxe en día, a tradición  manténse e os alcaldes dos 4 concellos reúnense nesta cima nunha festa tradicional. Actualmente, situada no centro do mirador, hai unha mesa redonda con catro sillas de granito, na honra das xuntanzas que aquí se facían.