Bandera de Galicia Bandera de España

Que facer


RUTA DAS TORRENTES DE MÁCARA

Ruta que comeza en Palas de Rei en dirección a Antas para pasar por Gundiá e Albá. Unha vez pasado Pidre seguiremos para Chorexe en dirección a Frádegas, onde atoparemos un antigo balneario, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio. Proseguimos o noso camiño pola beira esquerda do río Ulla, atravesando prados e bosques, para cruzar posteriormente para a outra beira. Aquí atoparemos os torrentes de Mácara ou rápidos de gran beleza no tramo xuvenil do Ulla. A confluencia do río Pambre co Ulla, augas abaixo de Mácara, resulta igualmente de gran beleza.
 
RUTA DO CASTELO DE PAMBRE

Ruta para realizar en bicicleta ou a pé, aínda que gran parte do itinerario transcorre por pistas asfaltadas. Partimos de Palas en dirección para Santiago, desviándonos en Carballal. Verdes prados e unha frondosa vexetación acompáñannos no noso percorrido para o corazón da Ulloa. Ao chegar a Sambreixo, tomamos un estreito camiño pola marxe esquerda do río que nos levará para o forte, fortaleza de grosos muros asentada sobre un macizo rochoso e construída por Gozalo Ozores de Ulloa.