Bandera de Galicia Bandera de España

Presentación


A vila de Portomarín, situada na provincia de Lugo, nas marxes do río Miño, conserva as características da tradicional vila galega, con soportales, rúas empedradas e casas de baixa altura, o que a fai dona dun encanto especial. Atópase a 25 kms. ao sur da capital lucense. Limita cos concellos de Guntín, Páramo, Paradela, Taboada e Monterroso.

Famosa pola beleza paisaxística, o esmero co que se manteñen os moitos espazos naturais existentes no concello, (parques como o de Manuel de Blas, Antonio Sanz, ou Agustín del Río), fan que Portomarín sexa coñecida como Vila Xardín. Hoxe en día é a poboación galega que ten máis extensión de zonas verdes no seu casco urbano.

A súa privilexiada situación proporciónalle un clima suave e unha variada vexetación.
Na parte máis occidental atópanse os relevos que separan Portomarín da Ulloa, entre os que cabe destacar o Monte Narón, a 800 metros de altitude, e Pena da Lebre, cunha altitude de 747 metros sobre o nivel do mar. No centro do municipio sitúanse o Monte Castrillón, de 751 metros, e o Monte Gándaras de Cebres, 467 metros.

Climatolóxicamente dase un clima oceánico-continental cunha temperatura media de 12º. As precipitacións son suaves e regularmente distribuídas ao longo do ano, agás nos meses de xullo e agosto, que presentan unha certa aridez estival.
Regan as súas terras numerosos regatos e ríos, destacando os ríos Ferreira e Miño, principalmente.

Portomarín conta cunha superficie de 115 quilómetros cadrados, divididos en vinte parroquias. A poboación, un total de 1918 habitantes, concéntrase principalmente nas parroquias de San Pedro e San Nicolás de Portomarín, que conforman o centro urbano do concello.

A distribución da poboación por sectores de actividade móstranos como un 34,24% ocúpanse no sector agrícola, un 11,57% na rama industrial e un 43,83% empléanse no sector servizos.

A gandaría é o principal sustento económico do municipio, sendo o gando vacún predominante por riba da cabana porcina e ovina, destinado fundamentalmente á producción cárnica e láctea.
As terras de cultivo representan o 12% da superficie total, adícanse a productos coma o maíz, trigo, centeno, ou patacas, destacando tamén o cultivo da vide. Non hai que esquecer que Portomarín atópase na Ribeira Sacra lucense, terra de afamados viños.

O sector pesqueiro, outrora de reseñable importancia na economía do municipio, é hoxe máis ben unha actividade deportiva, contando o concello con instalacións adicadas ás actividades naúticas; vela e piragüismo.

As principais vías de comuncicación son a N-540 (Ourense-Lugo), a N-640 (Lalín-Lugo) e a C-535 (Lugo-Portomarín-Sarria).Distancia coas principais cidades por estrada:-A Coruña: 112 km.-Ferrol: 122 km.-Lugo: 25 km.-Ourense: 67 km.-Pontevedra: 122 km.-Santiago de Compostela: 94 km.-Vigo: 145 km.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN PORTOMARÍN

O Camiño descende á marxe do Miño, cruzando unha ponte que conduce á vila de Portomarín. O antigo Portomarín, sepultado polas augas do encoro de Belesar, estaba formado por dous burgos medievais, San Pedro e San Nicolás, e contaba cunha das pontes romano-medievais máis célebres da ruta xacobea. A vella ponte, sempre vencellada ao Hospital de Peregrinos e á Encomenda de San Xoán, era lugar de referencia para cruzar o río Miño. Durante a primeira metade do século pasado estivo inutilizada, tendo que atravesar o río en barcazas, tanto persoas coma animais e carros. A ponte que hoxe da acceso á vila de Portomarín foi construída ao tempo de facerse as obras do encoro.

O Camiño de Santiago percorre no municipio de Portomarín uns 13 quilómetros, dende Monteagra a Ventas de Narón. A chegada a Portomarín é en descenso dende Barbadelo. En Vilachá, aínda no concello de Paradela, xa se albiscan ao lonxe as terras de Portomarín. Nas cercanías atópanse ruinas dun antigo mosteiro, Ribaloio, donde disque pudo ter orixe a Orde de Santiago.

Abandónase Portomarín pola pasarela que atravesa o brazo do encoro do regato de Torres, para ascender o monte de San Antonio, no que puido existir un hospital dos antonianos, se ben non se conserva resto algún. Zona de grande riqueza natural e paisaxística, con pradarías e viñedos.

Na altura da fábrica de cerámica crúzase a estrada para iniaciar o descenso cara a Toixibó e Gonzar. Atravesamos a aldea de Gonzar, que conta con albergue de peregrinos, continuando o Camiño cara a Castromaior, que debe o seu nome ao castro prerromano existente neste lugar, e que conta tamén cunha pequena igrexa románica na honra de Santa María, do século XII. Dende Castromaior pódese disfrutar dunha bela vista panorámica de Portomarín.

En Hospital da Cruz, como indica o seu nome, existiu un hospital de peregrinos no medievo, que contaba cunha capela, a Capela de San Esteban; infelizmente hoxe non se conservan restos destas construccións. Tras cruzar a N-540 chegamos a Ventas de Narón, cunha capela adicada á Madalena, lugar onde se abandona o municipio de Portomarín.

www.concellodeportomarin.es