Bandera de Galicia Bandera de España

Gastronomía


O principal atractivo desta terra é o su carácter rural, cunha gastronomía basada na cultura e nos recursos propios do campo. Esto pódese comprobar degustando a cociña local.

As empresas agroalimentarias, artesanais e turísticas, non só do pobo de Melide senón tamén da comarca Terra de Melide, abren as súas portas para brindar a oportunidade de ensinar o proceso de elaboración dos seus produtos: mel, queixo, doces, o polbo, empanadas e pan, entre outros.
Melide ten unha gran oferta gastronómica da que vamos a reseñar algún produtos.

É o queixo o produto máis consumido polos galegos. Os campesinos da principal zona de producción, comarca Terra de Melide, elaboran sempre de forma tradicional este produto, utilizando leite de vaca natural e enteira. 

Destacamos tres tipos de queixos típicos: o queixo blanco fresco, que se degusta recén feito. O queixo mantecoso, cunha textura untosa e, por último, o queixo de Nabiza, característico da zona, que se obtén do leite de vacas alimentadas con nabos. Este queixo obtense despois dun largo tempo de curación nun lugar seco e fresco, desde o día da súa elaboración.
 
O mel que se produce na zona é un produto natural elaborado artesanalmente polos campesinos dos arredores e pódese atopar no mercado celebrado cada domingo na Prazada Alhóndiga.

Neste mercado tamén podemos atopar o produto estrela, o grelo, cultivado en terreos familiares de pouca extensión. Esta hortaliza son follas tenras dos nabos que brotan xusto antes da floración. Durante anos, foron o alimento básico dos galegos, cultivado exclusivamente en Galicia. Esto faise notar nos pratos tradicionais coma o lacón con grelos, o cocido galego ou o caldo galego.

Debido ás condicións climatolóxicas idóneas da zona, pódense atopar nos seus montes diversas variedades de setas como: boletus, níscalos ou chantarellas, que pola súa abundancia introdúcense cada vez máis nos nosos pratos.

A privilexiada situación xeográfica de Melide, no centro de Galicia, ocupa un espazo natural verdadeiramente excepcional. Os seus pastos, sempre verdes, alimentan unha gandeiría de exquisito sabor. Contamos cunha gran produción cárnica de primeira categoría como a tenreira, o porco, o galo de curral eo capón.

Un dos elementos naturais máis representativos de Melide é o Río Furelos, onde os afeccionados á  pesca poden atopar nas súas augas as famosas troitas de río.

As guías de turismo din que é ésta unha das zonas de Galicia que, sen ser costeira, ofrece unha das racións de polvo máis sabrosas, utilizando únicamente ingredientes naturais e sinxelos coma o aceite de oliva, sal e pementón, convertíndoo nun prato de referencia que atrae a miles de turistas ao longo do ano.

Pero, sen dúbida, o produto máis famoso son os melindres, unhas rosquillas moi pequenas cubertas cun almíbar que, ademáis de darlles un toque brillante, incrementa o seu sabor doce. Está elaborado con productos naturais como a fariña de trigo, ovos, manteiga e azucre.

Unha especialidade exclusiva de Melide son os ricos, que ,elaborados dunha forma tradicional amasando fariña, azucre, ovos, anís e manteiga, dan como resultado unha masa que se extende formando cordóns para logo cortar unhas porcións duns dez centímetros para despois fornealos. 

Pero, ademáis dos anteriores, non podemos olvidar outros doces elaborados nos fornos tradicionais como as cañas recheas e os almendrados. Nestos mesmos fornos tamén se elaboran o pan tradicional galego e as súas empanadas recheas de produtos naturais propios da terra.

Para ensalzar a repostería tradicional de Melide, o segundo domingo de maio, ten lugar a “Festa do Melindre e de Repostería Tradicional”, declarada Festa de interés turístico de Galicia en 2013.