Bandera de Galicia Bandera de España

Festas e feiras


FEIRAS

Paradela celebra a súa feira mensual os días 15 de cada mes, na que ademais da tradicional compravenda de gando hai mercadillo de plantas, roupas e utensilios variados, sen que falten tampouco as tradicionais pulpeiras.

O día quince de maio, celébrase unha feira especial, é a festa en honra de San Isidro, patrón do mundo agrario e gandeiro. Esta festa, na que hai actos durante todo o día, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasacalles da banda, misa maior en honra ao patrón, orquestra..etc. Pero, ademais, é un día especial no que se honra ao mundo agrario tradicional, aos seus costumes e tradicións. O visitante que se achegue a Paradela un quince de maio poderá gozar cunha feira de gando tradicional na que tamén poderá ver os impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Loura Galega), poderá ver a maquinaria agraria máis moderna e a máis antiga, poderá gozar co desfile de cabalos e carros de vacas... Xa pola noite poderá probar a tenreira galega á grella con viño da Ribeira Sacra, todo iso aderezado coa música dunha boa orquestra.

FESTAS 

Festas locais
Martes de Entroido
San Isidro: 15 de Maio