Bandera de Galicia Bandera de España

Presentación


A lonxitude do Camiño Francés en Galicia ten aproximadamente 160 quilómetros. A zona mancomunada é testemuña deste percorrido, dende que o camiñante entra en Galicia ata que culmina o seu andar en Compostela.

Hai unha serie de etapas que o camiñante pode tomar como referencia para organizar a ruta, non obstante, nós convidamos a que o peregrino faga un percorrido libre de ataduras escollendo os kilómetros que vai percorrer , o que visitar, cando descansar, onde comer, onde durmir, ... .

Os concellos que forman parte da mancomunidade teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e mesmo publicitalo. Cada concello, cada lugar ... ten espazos para o goce de peregrinos e turistas.