Bandera de Galicia Bandera de España

Festas e feiras


FESTA DO QUEIXO

A festa celébrase coincidindo coa primeira fin de semana do mes de marzo. Dende 1975, cada primeira fin de semana de marzo, o queixo e a cultura son os grandes protagonistas en Arzúa. A festa e a vila transfórmanse nunha espiral de acontecementos de carácter gastronómico, musical, cultural, artesán, tecnolóxico, tradicional e innovador.

O produto estrela é o queixo Arzúa-Ulloa, que en 1989 recibe a categoría de Produto Galego de Calidade e goza dunha Denominación de Orixe Protexida propia. Comparte espazo no recinto feiral coas outras denomiacións de orixe galegas, con queixos artesáns e con outros queixos chegados dende distintos puntos de España e do resto de Europa.

A filosofía da festa pretende conxugar gastronomía e cultura, achegando o queixo ao público infantil e á mocidade con distintas actividades. Unha delas é a organización do Festival do Queixo, con dous días de música para todos.

O sábado ofrecemos rock, electro.rock, fusión. Funk, mestizaxe e hip-hop. O domingo, apostamos dende o principio polo carácter galego, ofrecendo os mellores artistas do momento.

Por Arzúa pasaron: Ojos de Brujo, Dover, Los Enenmigos, Fangoria, La Mala Rodríguez, Vetusta Morla... e Carlos Nuñez, Leilía, Treixadura, Milladoiro, Malvela, Uxía, Susana Seivane, Cristina Pato...

Festa de Interese Turístico de Galicia
Web: www.festadoqueixo.org 
Situación Exacta: Vila de Arzúa.



XUÑO: Variable, Mostra de Apicultura. Organiza: A. G.A. – (Arzúa)
XULLO: 16, Carmen– (ARZÚA) Festas patronais. Celébranse varios días ao redor desta data. Actuacións de bandas de música, orquestras, Festa do río…
AGOSTO: Primeiro fin de semana, Festa dos Botes– (ARZÚA). Concertos gratis, charangas, xogos…
 

FEIRAS

Días 8 e 22 de cada mes: Feira de Arzúa:  unha das máis antigas e grandes de Galicia. Hai exposición e venda de alimentación, queixos, roupa, calzado… e tamén mercado de gando.

XULLO: 1º domingo, Feira do Cabalo– (ARZÚA) Organiza: Asoc. Amigos do Cabalo “O Estribo”, con concursos, premios…
 
SETEMBRO: Último domingo, Feira de Cans de Caza- (ARZÚA) Organiza: Asoc. Amigos dos Cans de caza de Arzúa.
 
OUTUBRO: Primeiro domingo, Feira de Cans de Caza– (ARZÚA) Organiza: Asoc. Amigos dos cans de caza de Arzúa.
 
DECEMBRO: 22, Feira do Capón– (ARZÚA) Celébrase dentro da coñecida como Feira de Nadal, con importantes premios. Organiza: Concello de Arzúa.
 
Variable, nos meses de outono: ARZÚA TERR@CTIVA.
 
Festival pola Diversidade: Feira ecolóxica con exposición e venda, talleres, exposicións, música, teatro… Ten unha duración de dous días (sábado e domingo).