Bandera de Galicia Bandera de España

Gastronomía


O produto estrela da gastronomía en Arzúa é o queixo. Amparado pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, elabórase con leite fresca de vaca procedente das explotacións gandeiras saneadas e localizadas na área que comprende a denominación.

É un queixo de pasta branda e corteza limpa, con forma lenticular e cunha maduración de 6 días como mínimo.
De color uniforme, entre blanco-marfil e amarelo pulido, de aspecto brillante e sen fendeduras, podendo presentar ollos nun número baixo  e de distribución irregular.

Existe tamén a modalidade do queixo Arzúa-Ulloa de granxa, de características similares ao anterior, presenta a particularidade de que o leite empregado na súa elaboración procede íntegramente do muxido das vacas da propia explotación.

As principais características destes queixos, as que lle teñen dado a súa fama e recoñecemento, son o seu sabor, aroma e a súa mantecosidade. Dentro da súa fina corteza de cor amarela descúbrese un mundo de sensacións. Tanto polo seu sabor como polo seu aroma, maniféstase un claro recordo da súa orixe, do leite fresco e puro de máxima calidade, que posteriormente deixa paso a matices de vainilla, nata e noces, acompañando ao da manteiga e, quizás, ao do iogur.

O seu sabor caracterízase pola súa suavidade, lixeiramente salgado e cun punto de acidez moi característico. A masa, lisa e levemente húmida ao tacto, parece fundirse na boca pola facilidade coa que se disolve.

Existe tamén unha terceira modalidade do queixo Arzúa-Ulloa, é o curado. Trátase dunha variedade pouco coñecida dada a súa escasa presenza nos mercados e o seu elevado custe de elaboración. Comparte coas outras dúas modalidades a forma lenticular, pero as súas características son moi diferentes e inconfundibles. Caracterízase pola súa dureza, cun corte difícil, podendo presentar fractura por astillamento, principalmente nos bordes. O aroma é moi intenso e de certo picor, cunha acidez media ou baixa.

Deste xeito, o queixo convértese no ingrediente estrela da cociña en Arzúa. O seu uso e versatilidade dá lugar a exquisitos pratos que acompañan a excelentes carnes e productos da horta, de extraordinaria calidade na nosa terra.