Bandera de Galicia Bandera de España

Festas e feiras


FESTA DA AUGARDENTE

En 1971 fundouse a Serenísima Orde da Alquitara, dándose así o primeiro paso na celebración anual da Festa da Augardente, todos os domingos de Pascua. Nesta data, Portomarín invita a todos a saborear o froito das súas antigas cepas: a augardente, un licor transparente que é o resultado dunha tradición secular na que se hermanan a técnica da destilación e os racimos da Ribeira Sacra. Antigamente era considerada a bebida dos pobres e hoxe é valorado por todo o mundo.

Cada ano son nomeados nesta orde novos Cabaleiros e Donas, sumando xa máis de 200 e contando, entre os seus primeiros membros, co xenial Álvaro Cunqueiro, de quen se di que atribuiu a excepcional graduación do augardente de Portomarín a que na terra dos seus viñedos descansaban os ósos dos belicosos cabaleiros templarios que durante séculos residiron na vila.
 
DOMINGOS FOLCLÓRICOS

Este evento está adicado a rescatar e manter viva a herdanza folclórica das xentes, descubrindo aos peregrinos e visitantes as tradicións locais. Trátase dunha celebración aberta a todo o público co obxectivo de mostrar e dar a coñecer a nosa cultura e a doutros lugares invitados a participar nestas celebracións.

A música e o baile destes grupos folclóricos convócannos a disfrutar nas tardes dos domingos de agosto no magnífico escenario da praza onde está situada a igrexa-fortaleza de San Nicolás, unha das xoias do románico do Camiño de Santiago.
 
Festa do Ramallo: por Santa Isabel.
Festa do Cristo (festas patronais): 1º domingo de setembro.
 
FEIRAS

O día 9 de cada mes celébrase a feira en Portomarín, cunha ampla mostra de produtos típicos locais.