Bandera de Galicia Bandera de España

Gastronomía


Os produtos máis típicos que podemos adquirir en Portomarín son a augardente e a tarta de Ancano, elaborada con améndoa. Tamén son célebres os seus viños, empanadas e pratos a base de anguías.
 
TARTA DE PORTOMARÍN

Deliciosa tarta con masa de améndoa, fariña, ovos e azucre sobre masa de follado. O interior é suave e esponxoso. Semellante á Tarta de Santiago. Recoñecida a nivel internacional. Fanse máis de 3000 tartas diarias. Teñen mercados abertos en Santiago de Compostela, Madrid e Barcelona. Débenlle a súa exquisitez aos ingredientes naturais e á coidada elaboración artesanal, que fai que este doce sexa cada vez máis valorado.

AUGARDENTE DE PORTOMARÍN

Licor elaborado a partir da destilación do bagullo ou bullo obtido da uva despois de fermentar. Antigamente era considerada a bebida dos pobres e hoxe é valorado por todo o mundo.

En Portomarín foi creada a Serenísima Orde da Alquitara, que xa conta con máis de 200 cabaleiros, investidos no Domingo de Pascua co gallo da Festa da Augardente, para promocionar este afamado licor. O augardente é o principal ingrediente da máis representativa bebida galega: a queimada.
 
ANGUÍAS
 
Son famosas as empanadas de anguías. A empanada é un produto típico galego. Aínda que hai quen usa a masa follada para facela, a verdadeira é a mesma que a do pan. En Portomarín utilízase de novo a técnica dos caneiros para a pesca deste peixe. Técnica típica da pesca controlada de anguía consistente nunha especie de gaiolas onde se meten os peixes para protexerse das correntes. Esta técnica estivo en desuso dende a construcción do encoro, volvendo ao funcionamento coa autorización da Xunta, co compromiso dos propietarios dos aparellos de entregar unha parte dos exemplares aos servizos de medioambente destinados á repoboación.