Bandera de Galicia Bandera de España

 

Etapas Galegas

Pedrafita do Cebreiro – Triacastela. 22 km
 

Pedrafita do Cebreiro – Triacastela. 22 km

Os peregrinos que veñen de lonxe, chegan ao Cebreiro a través dunha das probas máis esixentes do camiño, a medida definitiva das súas forzas será a subida ao Cebreiro...

Sarria – Paradela – Portomarín. 23 km.
 

Sarria – Paradela – Portomarín. 23 km.

Saíndo de Sarria, deseguida se entra nunha impresionante carballeira cunha corta pero dura subida. As aldeas aparecen de repente rodeadas de prados e un par de pistas asfaltadas para dar servizo aos poucos moradores que lles quedan. En todo o día non se atopará un só lugar que xunte máis dunha ducia de casas, sendo a poboación de vacas moi superior...

Portomarín – Monterroso – Palas de Rei. 24 km
 

Portomarín – Monterroso – Palas de Rei. 24 km

A saída de Portomarín soe estar marcada pola humidade pegañenta do río Miño. Aquí comeza unha longa subida para saír do val. As primeiras ramplas van por camiños húmidos, e con balados, protexidos pola densa vexetación das carballeiras...

Palas de Rei – Melide. 14 km
 

Palas de Rei – Melide. 14 km

Esta xornada non enfronta ao peregrino a grandes subas, pero crúzanse moitos ríos e regatos, que preceden pequenas costas con camiños en bo estado, os cales nos internan en zonas moi húmidas e sombrías, nalgunha das cales apetece pasar o día escoitando baixar a auga cristalina e buscando coa vista peixiños entre as pedras...

Melide – Arzúa. 14 km
 

Melide – Arzúa. 14 km

Etapa doada, con camiños coidados, en bo estado e pequenas pistas asfaltadas que permiten camiñar comodamente de aldea en aldea. Aínda que chegando a Arzúa preséntase unha subida moderada, duns 2 quilómetros. Tampouco se esperan chairos, que escasean en Galicia, pero estase seguramente nun dos tramos que máis agradecerá o noso corpo...

Arzúa – O Pedrouzo (O Pino). 19,20 km
 

Arzúa – O Pedrouzo (O Pino). 19,20 km

Unha nova etapa “rompe pernas”, pero un pouco máis suave que as anteriores. Sen grandes subidas, que comeza a rúa do Carme, unha bonita rúa empedrada, rodeada de soportais de casas antigas e ben conservadas. Volveranse a cruzar moitos ríos, ou máis ben regatos, e moitas zonas poderían embarrarse con pouco que chova...

O Pedrouzo (O Pino) – Santiago de Compostela. 19,98 km
 

O Pedrouzo (O Pino) – Santiago de Compostela. 19,98 km

Nesta última etapa habería moito máis que dicir sobre as emocións que sobre a contorna, pero os sentimentos que provoca o camiño é unha das experiencias máis importantes e bonitas que os peregrinos se levan a casa e que cada un experimenta ao seu xeito. Aínda que só quedan 20 quilómetros, non hai que confiarse...