Bandera de Galicia Bandera de España

Que Facer


MUSEOS DA IDENTIDADE

Os Museos da Identidade son: a Tenda-Museo do Coiro (Guarnicionería Hnos. Gómez), Museo Etnográfico A Paínza, Centro de Divulgación do Queixo e o Mel e o Museo Vivente do Mel (O Enredo do Abelleiro).

Todos eles son mostras representativas do que nun tempo significou e significa o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ao Camiño.
 
TENDA-MUSEO DO COIRO

Fábrica e tenda de obxectos confeccionados en coiro, que, ademais, funciona como un pequeno museo.
Inaugurose como museo en decembro de 2002.
www.hermanosgomez.com
 
MUSEO ETNOGRÁFICO A PAÍNZA

Ubicado na casa principal, no conxunto de vivendas de turismo rural A Painza, en antigas casas de caseiros construídas en 1780. Iniciou a súa actividade no ano 2001.
www.apainza.com
 
CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E DO MEL

O centro naceu co fin de potenciar e poñer en valor dous produtos de especial sensibilización da zona: o Queixo e o Mel.
www.queixoemel.org

MUSEO VIVENTE DO MEL. O ENREDO DO ABELLEIRO

Pódense realizar dúas visitas: interior e exterior. No interior atopámonos, na entrada, a tenda de produtos alimenticios e cosmética. Seguindo, hai unha galería fotográfica que mostra a vida e experiencia das abellas. A elaboración do mel pasa por tres fases que se ven nas salas de extracción, decantación e envasado. Dispón, ademáis, de laboratorio e un aula para conferencias. No exterior vense dous apiarios, un moderno e outro antigo. Tamén teñen unha pequena edificación con instrumentos de apicultura de antano así como a evolución deste oficio ata os nosos días.
Museo fundado en 1994.

Realízanse obradoiros de apicultura, velas e envasado para grupos, previo contacto.
www.abelleiro.com