Bandera de Galicia Bandera de España

Que visitar


PATRIMONIO CULTURAL

O Concello de Samos non é tan só o  Mosteiro e o Camiño Francés. Nel encontramos unha paisaxe de xentes amables, salpicado de fermosas vistas, pobos en harmonía co seu entorno, pequenas igrexas e ermitas, antigas casas señoriais, muíños, xacementos arqueolóxicos, covas e rutas con sabor a cultura.
 
MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE SAMOS

Localidade: Samos.
A Real Abadía de Samos  aséntase na mesma capital do concello. O río Sarria discorre tocando os seus muros. O mosteiro ofrece ao visitante un fermoso contraste entre os seus rudos e sinxelos muros exteriores cos fermosos e elegantes claustros en granito. Non en balde, é dos que máis tempo leva declarado en Galicia como Ben de Interese Cultural (BIC), polo seu valor artístico.

O complexo monástico, ao igual que outras moitas construccións eclesiásticas, amosa unha mestura de estilos, produto de progresivas ampliacións e reformas ao longo dos séculos. Por iso, entre os seus muros atópanse expresións artísticas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. Todo o complexo monástico xira en torno a dous claustros, o claustro do Padre Feijóo e o claustro das Nereidas.

Hai que destacar a recente creación do novo museo monástico denominado “Samanos”, antigo nome co que se coñecía o pobo de Samos. Outra novidade é a recuperación da  botica, na que hai quince séculos de traxectoria de plantas medicinais e mediciñas.
O museo consta de sete estancias, xunto ao claustro do Padre Feijoo. Está adicado á orixe do mosteiro, á obra de Deus, á evolución do mosteiro e á vida no claustro dos monxes. Mostra obras que van desde os séculos III e IV antes de Cristo ata os nosos días, incluso, algunhas, do neolítico. Pódense ver esculturas, orfebrería, libros, pergaminos, tecidos, pezas de Francisco de Moure, recetas de alquimia e manuscritos do Padre Feijoo, entre outras.

Fachada da Igrexa: debido á sua horizontalidade, o que mais chama a atención desta fachada é que dá a impresión de estar incompleta ao non ter torres nin coroamento o ático central. É unha fachada de dous corpos, de estilo barroco do século XVIII, o cal lle imprime personalidade. No corpo inferior da fachada atópase a porta de entrada, centrada entre catro columnas dóricas sobre os seus pedestais. Sobre a porta está a figura de San Bieito, obra do escultor Ferreiro, nunha fornacina de estilo barroco. Tamén cabe resaltar as impresionantes pilastras laterais do primero corpo, dúas a cada lado; entre as pilastras destacar a ventá rectangular de tambanillo curvo cun enmarcado ollo de boi, na súa parte superior. Na rúa principal do segundo corpo, situado no centro, atopamos un rosetón flanqueado por dúas columnas e simétricamente situadas, dúas fornacinas coas imaxes de San Xulián e Santa Basilisa. Nas rúas laterais do segundo corpo destacan a balaustrada sobre a cornixa e o campanario de estructura cadrada e arco de medio punto.
Accédese á porta por unha escaleira señorial do século XVIII inspirada na do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Claustro do Padre Feijóo

Este claustro comenzouse a construir a finais do século XVII e rematouse no século XVIII. É de estilo clasicista e atópase entre os máis grandes de España; as súas dimensións son de 54 metros e medio de largo. Está formado por tres pisos; o inferior amosa as galerías abertas ao patio con arcos de medio punto donde se apoian as pilastras dóricas. No segundo piso obsérvanse ventás sinxelas. No último piso apreciamos a súa balaustrada e grupos de baldes de arcos carpaneis sostidos por columnas de tipo xónico.

No centro do claustro destaca a impoñente escultura realizada ao Padre Bieito Xerónimo Feijóo polo escultor Francisco Asorey.
O material da escultura é de tres clases de granito de distintas cores e, como anécdota, sinalar que nos días de choiva a cor da vestimenta do Padre Feijoo resalta especialmente.

Claustro das Nereidas

Tamén se lle coñece como Claustro Pequeno. É un claustro máis antigo que o de o Padre Feijóo. Data do século XVI, foi realizado polo arquitecto monfortino Pedro Rodríguez i é de estilo gótico tardío. Foi construido sobre as ruinas dun claustro anterior de estilo románico, que resultou destruido por un incendio. A porta que está situada no ángulo noreste é a única zona do anterior claustro que resistiu os embates do lume. As bóvedas son de crucería estrelada con claves decoradas con diversos motivos. O piso terceiro  construíuse no século XVIII. Os tramos desiguais da segunda planta están iluminados por montantes ovalados por encima das ventás e,  por riba, está a cornixa da que sale a terceira planta na que se aprecian ventanais con arco carpanel.

No centro, destaca a súa fermosa e barroca fonte central, chamada das Nereidas. É obra do Padre Juan Vázquez. A copa é sostida por catro esculturas que representan a este ser mitolóxico.
 
Portada Románica

Situada no claustro das Nereidas atópase esta portada, que é do pouco que queda das edificacións románicas. É do século XII, armónica e sinxela, era unha entrada á igrexa. Dispón de dous arcos de medio punto concéntricos, suxeitos por dous pares de columnas acodilladas que atopamos enmarcando a porta e o tímpano. O tímpano semicircular está adornado cunha cruz procesional de baixo relieve.

Escaleira neogótica

Fermosa escaleira labrada en pedra con antepeito artístico calado inspirada no gótico que comunica as dúas plantas superiores. Levouse a cabo co fin de sustituir á antiga, que despois do incendio de 1951 quedou moi deteriorada. Foi diseñada por D. Juan Monleón, monxe da comunidade. Ós pes da escaleira atópase un busto do Padre Rosendo Salvado, obra de Francisco Asorey.

Biblioteca

A biblioteca  resulta de gran interés pola cantidade e calidade das obras que posúe, entre as que se atopan algunhas incunables. Durante a desamortización de Mendizábal en 1835 algunhas das súas oras foron trasladadas a Lugo. O incendio de 1951 supuxo un gran perxuizo para a biblioteca, pero a pesar de todo dispón dun arquivo amplo e dun alto valor cultural. O tratarse dun lugar de silencio i estudo non é posible visitala.

Sino e Sacristía

O Sino recibe este nome da sinal que da o abade a este lugar para entrar comunitariamente en la iglesia. Destaca a sua bóveda do siglo XVI, a sa fonte barroca policromada, os frescos do pintor catalán Joan Parés e os mobles neoclásicos.
A sacristía data do século XVIII, é clasicista, de planta octogonal e coroada por unha cúpula. Mobles neoclásicos e mesa barroca policromada.

Igrexa monacal

Igrexa de mediados do século XVIII; barroca anque con unha notable sobriedad clásica. Hai que resaltar a sua grandeza e luminosidade. Consta de tres naves; a nave central, que é a de maior altura e anchura, xunto co crucero, da lugar a unha planta en forma de cruz latina. O alzado da nave principal susténtase por pilastras dóricas. Na unión dos dous brazos levántase a cúpula galonada con casetóns sobre un tambor, todo elo sustentado por catro arcos de medio punto. Ábrense unhas tribunas con arco de medio punto e barandilla de ferro forxado. O retablo e as sus esculturas son marabillosas obras de arte. Cabe resaltar as esculturas de Francisco de Moure: a Inmaculada, San Juan Bautista e a Virxe Dolorosa. De José Ferreiro haiy que destacar o retablo maior coa escultura de San Xulián. Non podemos esquecer o grandioso órgano de tres fachadas que ofrece un maxestuoso son.
 
Pinturas murais

No primero andar do claustro do Padre Feijóo pódense apreciar pinturas murais dos pintores Celia Rodríguez Cortés, Joan Parés, José Luis Rodríguez i Enrique Navarro. Emplean técnicas i estilos diferentes.

Ademais das pinturas murais, no mosteiro hai outras obras de moitos outros artistas. Destaca a Inmaculada Concepción, que supostamente foi obra do pintor asturiano Juan Carreño de Miranda, ou de seu entorno. Nesta pintura  pódense apreciar todas as características do pintor. O que nos queda hoxe en día do pano é o que se puido salvar do lume de 1951.

CAPELA DO SALVADOR OU DO CIPRÉS

Localidade: Samos.
Atópase a uns cen metros do mosteiro, sendo o resto máis antigo que conserva éste. Posiblemente se tratara dunha celda monástica. A súa construcción en laxas de pizarra data do fin do século IX a principios do século X, de ahí que responde ao estilo mozárabe. Consta de dous corpos de planta lixeiramente trapezoidal, nave e cabeceira. Un rasgo característico é que a porta situada no lateral sur, a súa curvatura tende á forma de ferradura. Na fachada principal, mirando ao río Oribio, podemos apreciar unha ventá de doble arco á que lle falta o parteluz. No interior resalta o arco triunfal elíptico que nas formas tende á de ferradura, e tamén hai que destacar as pinturas ó fresco de influencia astur.
Casi adosado á Capela atópase un gran ciprés milenario de 25 metros de altura e duns 3,25 metros de perímetro. Está considerado entre as 50 árbores máis notables de España. O parche negro é causa dunha ferida ocasionada por un lóstrego. Circula unha lenda que di que a ferida foi ocasionada en 1.926, ao prenderlle lume a un panal de abellas que, por causas obvias, se quería eliminar da árbore. O parche cumple a doble función de protección e de axuda á rexeneración natural da árbore.

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOUSADA

Localidade: Lousada.
Igrexa parroquial de estilo románico, de planta rectangular con cuberta a dúas augas e de ábside máis baixo. No ábside destacan uns canciños historiados e ventana de arco de medio punto. Hoxe en día, esta igrexa atópase en ruinas. As imaxes representadas son a de San Román, San Xoán e a Virxe.

IGREXA DE SAN ROMÁN

Localidade: Lousada.
Igrexa representativa do románico rural, de planta rectangular en pizarra e cuberta a dúas augas, tamén de pizarra. Destaca a orientación do ábside semicircular con ventás de arco de medio punto e motivos humáns, animais e vexetais.

IGREXA DE SAN CRISTOVO DO REAL

Localidade: San Cristovo do Real.
Igrexa de amplas dimensións e tres naves baixo unha mesma cuberta. O máis destacable é o seu magnífico retablo barroco do século XVII, dun só corpo e con catro columnas salomónicas. Outro punto de interese para visitar este templo é pola sua integración no entorno. O río Oribio divide esta aldea, que aínda parece anclada en tempos pretéritos, cas súas casas e muíño.
 
IGREXA DE SANTA EULALIA (Santalla), DE PASCAIS

Localidade: Pascais.
Igrexa románica do século XII, na cal, o máis destacable é o seu retablo barroco dun só corpo de tres encasillamentos, ático con fornacina e columnas salomónicas de racimos. Do románico conserva o ábside, e, ao lado norte, unha porta de arco de medio punto. A nave é elevada, amplia e cuberta a dúas augas. Máis tarde lle adxuntaron un espacio de forma rectangular e unha sacristía. Adica as súas imaxes a Santa Eulalia, á Inmaculada, San Bieito e San Pedro.
 
IGREXA DE SAN MARTIÑO DO REAL

Localidade: San Martiño do Real
Igrexa do románico rural de finais do século XII. A decoración é escasa porque foi construida con mampostería de pizarra. Destacan os ornamentos dos canciños, cabezas de cabalos, carneiros, figuras humáns e xeométricas. A fachada principal é lisa; destaca a ventá do centro. A nave é de planta rectangular e dispón dun cabildo á entrada. O ábside, polo exterior, divídese en tres tramos de pilastras de pouco resalte. O muro do tambor é cego e, nos costados da nave, aprécianse as saeteiras. No interior, o máis destacable son as pinturas ó fresco.
Existe a lenda de que en San Martiño houbo un mosteiro en tempos do rei Fruela I, o Cruel.
 
IGREXA DE SANTO ESTEVO DE REIRIZ

Localidade: Reiriz.
Igrexa románica do século XII. Está composta por unha única nave e unha cuberta a dúas aguas. Posúe unha porta con doble arco de medio punto. Varios canciños ornamentan a cornixa. O ábside é pentagonal e en cada un dos tres planos da cabeceira hai unha fiestra con columnas acodilladas. Destaca o retablo de estilo barroco dun so corpo e ático con columnas abalaustradas. Esa igrexa sufriu algunhas reformas. As imaxes están adicadas a San Esteban, San Xosé e Santa Lucía, entre outros.

IGREXA DE SAN CRISTOVO DE LÓUZARA

Localidade: San Cristovo.
Igrexa de estilo barroco construida en cachería de pizarra, de planta rectangular e que consta de tres naves, as laterais son máis baixas que a central. A nave central está separada das laterais por arcos de medio punto. O frente é unha esbelta torre de tres corpos que se apoia sobre catro arcos; no derradeiro corpo destaca o campanario que, ademais, prolonga o edificio. Entre os arcos está o cabildo. O máis destacable do seu interior é o retablo de estilo renacentista, realizado no século XVI, en madeira. Ten dous corpos con tres fornacinas con columnas helicoidais. A súa imaxe é a de San Cristovo e cabe subliñar as pinturas de santos benedictinos.
 
IGREXA DE SAN XOAN DE LÓUZARA

Localidade: San Xoán.
Templo parroquial de estilo románico de importantes dimensións, realizado en cachotería de pizarra. Planta rectangular de tres naves separadas entre sí por dúas arcadas. A cuberta é a dúas augas e a catro na cabeceira. Fachada austera e rematada nun pequeno campanario. No interior, conta con varios retablos: dous deles de estilo renacentista, do século XVI, dous barrocos, do século XVIII, e un terceiro, de estilo renacentista, o máis interesante, do século XVIII, de dous corpos e tres rúas, adicado a San Xoán Bautista.
 
IGREXA DE SANTIAGO DE RENCHE

Localidade: Renche.
Igrexa impregnada de vestixios románicos, campanario sinxelo e pequenas fiestras.
 
IGREXA DE SANTA MARÍA DE MONTÁN

Localidade: Montán.
Igrexa románica que sorprende pola altura da súa nave e o retablo neoclásico con tallas do século XIX.
 
CASA GRANDE DE LUSÍO

Localidade: Lusío.
Noble mansión solariega, co seu blasón, de dúas plantas, con torre cadrada e cornixa moldeada por toda a fachada. Atópase dominando un alto con femosas paisaxes. Foi fundada por Lope Vázquez de Vilamexe e a sua dona Leonor Alfonso de Balboa en 1551. É a casa na que naceu o matemático Vicente Vázquez Queipo, autor da tabla dos logaritmos.
A Casa está adicada ao museo do matemático Vicente Vázquez Queipo, centro de interpretación da ruta xacobea, centro experimental agrario e albergue de peregrinos.
 
CASA PEDRELADA- MUSEO DO SÍLEX

Localidade: Lousada.
Casa típica labrega da zona. Construida en mampostería de pizarra. Accédese á vivenda por un corredor que tamén dá paso a un patio no que se atopan as cuadras. Dispón das dependencias correspondentes ao almacenamento de material e productos agrícolas. No seu interior móstrase unha exposición de cadros realizados con minerais da zona. É unha colección realizada polo propietario da casa.
Outras casas-palacio do concello son a Casa-Forte de Frollón e a Casona dos Miranda, en Aián.

MUÍÑO DO FIDALGO

Localidade: San Martiño do Real.
Trátase dun edificio, muíño de auga, rectangular, construido en pizarra e cuberta a dúas augas, tamén en pizarra. Aínda se conserva a maquinaria.
Outros muíños a destacar son o de Renche, o muíño Casa Piño, que, ademais de facer as súas funcións, é un muíño que xeneraba, mediante unha dinamo, electricidade para o autoconsumo propio. O muíño de Teiguín, con dúas pedras ou móas, destaca por ser tamén aserradeiro de madera anexo.
 
CASTRO DE FORMIGUEIROS

Localidade: Formigueiros
Castro situado a máis de 800 metros de altura e considerado como un dos máis monumentais de Galicia. O castro, da Idade de Ferro, parece que estivo habitado ata a época das invasións xermánicas e o desmoroamento do imperio romano e logo abandoado durante o goberno do emperador romano Tiberio. Algunhas hipóteses apuntan a que antes desta última ocupación foi abandoado durante un periodo de dous ou tres séculos. Unha das súas peculiaridades é a de dispoñer de, polo menos, catro grandes murallas defensivas cos seus respectivos fosos e parapetos engadidos en diferentes puntos. Este castro ainda se atopa en estudo. Estánse limpando as súas murallas, desenterráronse restos de vivendas e descubríronse catro louxas nas que se poden observar grabados de peixes (que ben poderían ser salmóns), cabalos e figuras xeométricas que posiblemente tuveron un fin relixioso ou ceremonial.
 

CASTRO DA MOURA

Localidade: Lóuzara.
Xacemento arqueolóxico situado a 950 metros, composto polos restos dun castro de finais da Idade de Bronce e, despois, ocupado do século III A.C. á época romana. De forma ovalada e de pequenas proporcións. Atopáronse materiais cerámicos, dous muíños planos e unha lámina de bronce, entre outras.

Outros a resaltar son os castros de Loureiro e Lourido. Non se poden deixar de mencionar as mámoas ou modorras, que son apilamentos artificiais de terra, con ou sin pedras, que adoitan ter unha forma esférica, acostuman a surxir dun xeito repentino e sinalan un ou máis enterramentos. No seu interior esconden un entramado de pedras que coñecemos como dólmenes e indican onde houbo unha cultura megalítica anteriormente. Destacan a de A Serra do Edramo, o Monte de Santa Mariña, entre Samos, Sarria e O Incio, e as medorras de Bustofrío e Trascastro.
Pola beleza das súas paisaxes, salpicadas de prados e bosques, hai varios conxuntos singulares, aldeas ben integradas no entorno, ás que se pode facer unha visita. San Cristovo do Real, Parada, Santalla de Abaixo, Praducelo, Gundriz, Trascastro e Bustofrío, entre outras.
 
 
PATRIMONIO NATURAL

Se algo distingue a este concello é o seu admirable patrimonio natural, importante pola súa variedade e conservación. O recoñecemento destes valores naturais chegou incluso ás administracións competentes, que outorgaron o distintivo ó Val de Lóuzara. Ocupa un tercio do municipio, está catalogado polos seus valores naturais como Lugar de Importancia Comunitaria dentro da Rede Natura 2000. Código del LIC ES1 120001 e está incluido na Rede Natura 2000 LIC Ancares – Courel de 102.562 ha.

A orografía do municipio de Samos é rica en matices. Arrodean o seu territorio tres Serras. Polo norte, os montes de A Meda, cuxos picos máis destacados son a Parrocha, a 742 m. e A Medorra, a 1134 m. A maior altitude do municipio atópase na  parte central, na Serra do Oribio, a 1443 m. Acercándose ao sur do municipio, atopamos o Penedo Grande, a 1050 m. ou o Legua, a 1304 m. Outros picos son o Portela, a 1395 m. e o Alto do Pico, a 1269 m.

Fronte ás súas incribles e magníficas serras contrastan os profundos vales cos seus montes, pradeiras e rede fluvial.
O río Lóuzara, que recibe nos seus inicios o nome de Louzarela, fórmase dos regatos de  Peniscos e Curro, na vertente oriental da Serra de Rañadoiro, e desemboca no río Lor, xa no Courel que, á súa vez, desemboca no Sil, sendo este último o afluente principal do río Miño.
O val que xera o río Lóuzara conforma un dos lugares paisaxísticos máis fermosos da Galicia interior.

Na vertente occidental destaca o río Sarria, tamén denominado río Oribio, que se forma coas aguas que descenden dos montes de A Meda, Oribio e Albela, atravesando a capital do municipio e desembocando no río Neira, que é afluente do río Miño.

O clima presenta grandes contrastes, con veráns suaves e invernos fríos, húmedos e con neve nas cotas altas.
A vexetación que domina neste territorio é de tipo atlántico de interior e a sua gran diversidade convérteo nun escenario inigualable para os amantes da natureza. A variada flora provoca espectaculares xogos de cor, cambiantes segundo a estación. Prados, árbores e arbustos compoñen esta paisaxe.  Entre os arbustos encontramos uces, piornos, toxos e xestas, entre outros.

As árbores máis destacadas son os carballos, castiñeiros, bidueiros, acivros, avelairas, sabugueiros e piñeiros. Non é imposible encontrar alcornoques e encinas, que son especies vinculadas a climas máis mediterráneos.

En Samos, capital do municipio, hai que resaltar a presenza maxestuosa dun ciprés milenario, considerado unha das árbores monumentais de Galicia. Atópase situado xunto á chamada Capela do Ciprés, unha pequena ermita do século IX.

A fauna é moi variada. Nos ríos destacan a troita e a anguía. Os anfibios mais comúns son a rá ibérica, o tritón ibérico, a píntega, o lución, etc.… Os reptís máis comúns son o lagarto verdinegro, a lagartixa e algunhas pequenas serpes. As aves máis relevantes son a becada, a perdiz bermella, a perdiz común, a pomba torcaz, a bubela, a garza, a cegoña, diferentes especies de curuxas, o águia culebreira e miñatos, como o peregrino, entre outros. Os mamíferos son abundantes e destacan a nutria, a marta, o esquío, a lebre, o teixo, a xineta, a garduña, a comadrexa, o gato montés, o zorro, o porco bravo, o corzo e o lobo.

A parte de todo aquelo que podemos ver na superficie, como poden ser a súa orografía, flora, fauna, etc. Samos tamén esconde nas entrañas interesantes segredos, por exemplo, as covas de Santalla.
 
DESFILADEIRO DE PENAPARTIDA

Ao deixar Triacastela, collendo a ruta que leva á poboación de Samos, asfaltada no primero tramo, pódese observar a zona denominada Desfiladeiro de Penapartida, por onde pasan a estrada e o río Oribio, rodeados de peñascos e vexetación. Unha vez se deixa o asfalto, éntrase no Camiño Real ou do Oribio. Este segundo tramo da ruta debe o seu nome ao feito de que era o camiño que utilizaban os reis para acceder ao mosteiro.
Conta a lenda que, neste punto, a Virxe, na sua peregrinación hacia Compostela,  atopouse cunha pedra de grandes dimensións que lle impedía o paso e mandou baixar aos anxos para que cun raio a destruiran, cousa que fixieron. De ahí o seu nome, xa que dita pena quedou partida para facilitar que a Virxe proseguira a sua peregrinación.
 
COVAS DE SANTALLA

Localidade: Santalla.
Cova Grande, duns 300 metros de lonxitude. A primeira cámara é de teito baixo, o que obriga a agacharse aos visitantes ata chegar á sala grande, na que se pode ver a súa profundidade e altura, ademais dunhas figuras interesantes realizadas pola natureza durante miles de anos.
Cova Pequena, situada a poucos metros da grande;  trátase dunha pequena cova pola que hai que entrar arrastrándose, e, aínda que é mais pequena, ten un gran interés. Parece ser que hai máis covas na zona.