Bandera de Galicia Bandera de España

Festas e feiras


FEIRAS

FEIRAS DO MES: Todos os días 7 e 19 de cada mes. Trátase dun mercado tradicional no que se poden comprar produtos alimenticios do rural galego así como pezas de vestir ou outros obxectos.

FEIRA DO QUEIXO ARZÚA-ULLOA: É unha feira bianual, xa que un ano celébrase no municipio de Monterroso e outro ano en Palas de Rei. A data fixouse no último domingo de abril. É un evento no que se enxalza o queixo de D.O. P. Arzúa-Ulloa, para dalo a coñecer e difundir as súas calidades. Pero non só se dedica a este tipo de queixo. Tamén se poden atopar queixos doutras denominación de orixe galegas así como queixos asturianos, franceses, italianos, etc. Esta feira dá cabida, así mesmo, a unha gran variedade de produtos: industria alimenticia, artesanía, industrias agrarias, etc.

FEIRA DO CABALO: É unha feira que se celebra na parroquia palense de Vilar de Doas. A data, aínda que pode sufrir algunha variación, adoita ser o segundo domingo de agosto. Nesta feira danse cita équidos de varias razas que compiten en andaina, carreiras de velocidade e estampa e beleza.
 
FESTAS
 
FESTAS DE SAN CRISTÓBAL: Celébranse o domingo en torno ao día 10 de xullo ( San Cristóbal) Consisten na bendición de vehículos pola mañá e á tarde-noite unha actuación musical.

FESTA DA MOCIDADE: Organízase a mediados do mes de xullo. Nela hai varias ofertas lúdicas; desde xogos populares, actuacións de zumba, ofertas musicais, etc.

FESTAS DO ECCE HOMO: Son as festas principais da localidade. Celébranse en torno ao 14 de setembro (festivo local), duran entre 3 e 4 días.