Bandera de Galicia Bandera de España

Presentación


O Concello de O Pino atópase na provincia de A Coruña, a 18 quilómetros de Santiago de Compostela, sendo o primeiro municipio que se encontra seguindo a N-547 dende a capital de Galicia a Lugo.

Para chegar a este concello pódense tomar as seguintes vías de comunicación:
Por estrada dende Santiago de Compostela: saír de Santiago pola N-634 e na rotonda tomar a segunda saída, continuar pola A-54 durante 9 Km aproximadamente e na rotonda continuar pola primeira saída á N-547 durante 5 Km que levan O Pedrouzo, centro administrativo do Concello.

Por estrada dende o aeroporto de Lavacolla: tomar a N-634 durante 1,8 Km, na rotonda coller a saída catro e continuar pola AC-250 durante 1.2 Km e ó chegar á seguinte rotonda continuar na primeira saída pola A-54 durante 1.7 Km onde nos incorporamos á N-547 para facer os 5 Km finais.

 
CAMIÑO DE SANTIAGO EN O PINO
O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros do Camiño Francés a Santiago de Compostela, concretamente dezaoito, que atravesan as parroquias de San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Santa Eulalia de Arca, San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito.
Comeza o percorrido pola parroquia de San Breixo, nos lugares de Calzada e Calle, e avanza ata as inmediacións do aeroporto de Lavacolla, xa no Concello de Santiago de Compostela.

Agochados entre a vexetación, áchanse detalles que fan referencia ó culto xacobeo: fitos de pedra coas súas cunchas de vieira, ou incluso pequenos altares improvisados polos peregrinos en calquera estante natural. Paso a paso o camiñante vai descubrindo panorámicas vexetais conxugadas coas construccións e terreos de labranza que se distribúen por todo este municipio.

Puntos de especial interese son: a Ermida de Santa Irene coa súa fonte e a súa carballeira, os lugares de Calzada e Rúa coa súa fonte e o Pazo de Dúas Casas, as frondosas carballeiras que nos acompañan todo o tramo, áreas de descanso e albergues (Santa Irene e O Pedrouzo) para o descanso do peregrino.

www.concellodeopino.com