Bandera de Galicia Bandera de España

Festas e feiras


FEIRA DE SANTOS (Festa de Interese Turístico Galego)

Considerada unha das maiores feiras de Galicia. As últimas investigacións din que a feira remóntase 800 anos atrás, a un antigo imposto sobre o sal, aínda que os primeiros documentos oficiais dátanse no 1450.

O mercado deu orixe á vila, que se formou pola súa privilexiada situación no corazón de Galicia e como cruce de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela e o resto da península.

O día un de cada mes realízase a feira na capitalidade de Monterroso, aínda que a máis popular é a de Santos, o un de novembro.
Monterroso e as súas feiras son, en definitiva, unha parada obrigatoria para coñecer as tradicións e a cultura popular galega de primeira man.

FEIRA DO QUEIXO
Feira anual con carácter rotatorio entre os concellos da Comarca da Ulloa: Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

SAN CRISTOBO (10 de xullo)
Bendición de vehículos na igrexa parroquial e xantar campestre na área recreativa A Peneda.

FEIRA DE BICOS (Último domingo de xullo)

Chámase así porque nestas datas era o momento no que os emigrantes regresaban aos seus lugares de orixe e a ledicia dos encontros era celebrada cunha aperta ou cun bico. Tamén porque a principios do s. XX esta feira foi a orixe de moitos casamentos concertados na comarca e os bicos na meixela selaban a alianza entre os recén comprometidos.

Xornadas Gastronómicas da Castaña (mes de outubro)

SAN MIGUEL (29 de setembro): festas patronais.