Non fai moitos anos, as feiras eran algo máis cun mercado no que os gandeiros levaban ben cedo as reses e utensilios de labranza coa intención de vendelos; chegaba cunha aperta de mans para cerrar un trato. Tamén se trataba dun acto social no que, despois do mercado, se xuntaban a comer o polbo. Hoxe en día, como en moitas outras zonas rurais europeas, as ferias e festas deixaron de existir e, en algún dos casos, fóronse adaptando aos novos tempos. A despoboación rural dos anos sesenta hacia as grandes cidades españolas e, en menor medida, europeas, a mecanización do campo e as novas normativas suprimiron o comercio tradicional.
Os tratantes de hoxe xa non teñen nada que ver cos de fai duas décadas. As feiras de hoxe son un atractivo turístico e unha moi boa excusa para ver vellos coñecidos. Nelas podemos ver artesanía e degustar a exquisita e variada gastronomía da zona.
Fai uns años celebrábanse no concello de Samos tres feiras mensuais. O día un en Samos, o día catro en Castroncán e o día dezasete na Ponte de Lóuzara.
As Feiras máis destacadas son:
Feira de Artesanía de Samos, o segundo domingo de agosto.
Conta con exposición de produtos artesáns, actividades tradicionais como a malla de cereal e bailes tradicionais.
Feira de Artesanía de A Ponte de Lóuzara, o 17 de agosto.
A feira está adicada ás tradicións perdidas, á artesanía, á gastronomía, aos produtos naturais autóctonos e á música, tanto tradicional como a outros estilos.
As festas son hoxe unha boa excusa para reunir a forasteiros e samoenses de dentro e fóra, que se reencontran cos seus e recordan tempos pasados. O concello traballou para revitalizar estas festas nas que, ademais do sentido relixioso, tamén están moi presentes o folclore e a gastronomía, o cal da un carácter turístico ao evento.
Todas as parroquias manteñen algunha das súas festas e, desta maneira, rexurden as tradicións antigas para que as xeracións futuras non esquezan as súas orixes e o seu significado.
As Festas máis destacadas son:
Festa dos Santos Mártires, (San Xulián e Santa Basilisa), o 9 de xaneiro.
Festa de San Bieito, o 11 de xullo.
Acostuma a durar catro días; un día adícase ó peregrino: “Día do Peregrino” ó cal se lle da comenzo tirando un fogonazo e con festa gastronómica e baile; outros días son “O día do Patrón” coa misa solemne, “O día Das Amas de Casa”; en fin, son catro días seguidos de festa.
Romería de San Roque, o 16 de agosto en Santalla de Lóuzara.
Hai misa e unha merenda con baile ao lado do río Lóuzara. Para os máis atrevidos, a media tarde, celébrase a “Festa da Auga”, que consiste en tirarse ao río para axudar a combatir a calor que suele acompañar por estas datas.
Outras festas de carácter non relixioso son:
Carnaval en Samos, durante o mes de febreiro.