Bandera de Galicia Bandera de España

Palas de Rei – Melide. 14 km


 

Esta xornada non enfronta ao peregrino a grandes subas, pero crúzanse moitos ríos e regatos, que preceden pequenas costas con camiños en bo estado, os cales nos internan en zonas moi húmidas e sombrías, nalgunha das cales apetece pasar o día escoitando baixar a auga cristalina e buscando coa vista peixiños entre as pedras. A xornada comeza percorrendo un precioso camiño, saindo do pobo por un antiquísimo enlousado. Estamos en terras de grandes parcelas de cultivo, sobre todo prados para as vacas que pacen tranquilamente, dando toque de color ao verde infinito. Pronto comezarase a cruzar ríos como o Pambre e a sorprenderse polas riqueza das súas ribeiras, coas árbores pequenas e de formas caprichosas, moitas veces inclinadas formando unha cúpula natural sobre a auga: os ameneiros e bidueiros, os fresnos e salgueiros forman unha cortina translúcida que ocultan os ríos e regatos ata que mollas os pes. Pero as árbores pequenas non están só na beira dos ríos tamén se atoparán loureiros de intenso aroma ou camelias, coas súas vistosas flores invernais. Non moi lonxe, pasase por Casanova, a onde se ascende entre piñeiros e carballos, para volver a baixar ata o río Vilar. Así éntrase sen darnos conta na provincia de A Coruña.

Un bonito camiño medieval empedrado conduce a Leboreiro, coa súa capela románica e antigo hospital de peregrinos, lugar ideal para descansar. Preto está o castelo de Pambre, que non nos colle de paso pero é, seguramente, o castelo máis impresionante de Galicia.

Entre piñeiros e impoñentes eucaliptos, cada vez máis presentes, chegaremos a Furelos, coa súa ponte medieval que nos leva a Melide, terra de bo queixo e mel, onde se pode conseguir tamén leite fresco de vaca ou doces típicos da zona.

É unha etapa auténtica, na que un nunca se sente lonxe da civilización nin cerca das preocupación diarias. Apréciase riqueza ao redor, na herba, nas vacas, na calidade de vida, nas grandes casas. Non é riqueza en forma de luxo senón riqueza en valores, en solidaridade, en amor ao teu e en traballo ben feito; é riqueza de espírito.

Palas de Rei – Melide. 14 km