Bandera de Galicia Bandera de España

Que facer


RUTAS

Ruta do Sendeiro Río Ferreira
Esta ruta parte da vila de Portomarín e lévanos polos camiños que transcorren á beira do río Ferreira, visitando lugares como Zazar, San Clodio, San Fiz, onde podemos contemplar antigos muíños e pontes como as de Lión e Cebre.
 
RECURSOS NATURAIS
 
PARQUE MANUEL DE BLAS

Trátase dun espazo axardinado con grande diversidade de especies arbóreas, principalmente roseiras. Conta cunha fonte na parte central do parque. 

PARQUE AGUSTÍN DEL RÍO

Área de recreo situada á beira do encoro de Belesar, na Rúa do Peregrino. Conta cunha zona arborada, fonte e cruceiro, ademais dun parque de recreo infantil. Zona acondicionada para merendar, toma-lo sol e bañarse nas augas do Miño.
 
PARQUE ANTONIO SANZ

Espazo natural que conta cunha extensa arboreda e rica vexetación. Constitúe unha área de descanso acondicionada con bancos de granito e fonte ornamental, ideal para pasear ou practicar a lectura.
 
A VILA XARDÍN

O Concello de Portomarín conta coa maior extensión de zonas verdes no casco urbán de toda Galicia, especialmente xardíns, de ahí que reciba a denominación de Vila Xardín.