Bandera de Galicia Bandera de España

Gastronomía


GASTRONOMÍA
Dentro da habitual orde gastronómica temos que falar de tres valiosos elementos: as troitas como entrante suculento; o xamón, rexio manxar e, de sobremesa, o queixo da Ulloa.

As augas do Ulla teñen fama de abundante pesca e troitas de riquísima e branca carne. Proba diso é a multitude de pescadores que de toda Galicia acoden a Monterroso na tempada de pesca.

Don Ramón Otero Pedrayo, con motivo dunha estancia en Monterroso, no antigo "Hotel Palas" (na actualidade Café García) deixou escrito un poema ao xamón de Monterroso:

" Groria do porco, frol dá invernía, Sona dá casa, lapa dá carne Xamón. Densidá ilustre dá cea sábia, Graza e potenza, rosa do pote Xamón! "
Placa homenaxe a D. Ramón Otero Pedrayo