Bandera de Galicia Bandera de España

Que facer


ROTA DE SENDEIRISMO DO RÍO FURELOS

Algunhas das fermosas paraxes coas que conta Melide pódense contemplar desde a rota de sendeirismo que percorre as beiras do río Furelos.
A rota é de  17,92 km,  tendo unha dificultade técnica moderada.Esta rota transcorre na súa maior parte bordeando o río Furelos, onde podemos desfrutar da súa gran beleza paisaxística e da súa área recreativa, que conta con equipamentos suficientes para o ocio e a relaxación.

ÁREA RECREATIVA DO RÍO FURELOS

Nun espazo natural de especial beleza, atópase a área Recreativa do Río Furelos. A canle do río que acaba nunha pequena presa, está drenada para non chegar a cubrir en ningún momento. Conta con tobogán para pequenos e un pantalán para pequeñas embarcacións, así como bancos de madeira e numerosos espazos para facer churasco. Entre o aparcadoiro e o río atoparemos dúas piscinas exteriores, unha de maiores e outra para nenos. Ademais ata aquí chega a ruta de sendeirismo de baixa dificultade que parte de Melide e chega ata esta fermosa área.
 
MUSEOS

Museo da Terra de Melide (construido sobre un antigo hospital de peregrinos.Trátase dun dos museos etnográficos máis interesantes de Galicia)
Rúa Mateo Segade Bugueiro. Melide.
+34981507998
Horario:De luns a sábados: 10:30h–13:30h/17:00h–10:00h - Domingos: 11:00–14:00h
 
Casa Museo de Furelos
Furelos. Melide
Teléfono: 616137847. Aberto só en temporada de verán