Turismo
O Camiño de Santiago non é só unha ruta relixiosa, de paixón e de encontro cun mesmo e cos demais. É tamén unha fermosa ruta turística que moitas persoas están a aproveitar para o seu desfrute no tempo de lecer. Sexa camiñando, en bicicleta ou a cabalo, resulta un entorno perfecto para coñecer persoas de moi diferentes nacionalidades e culturas, para desfrutar do aire libre, para compartir experiencias cos nosos achegados.
O camiño non é só a experiencia de percorrelo. O camiño en si mesmo ten unha marcada personalidade que fai da ruta xacobea o que realmente é. E na parte galega esa personalidade volvese mais intensa se cabe.
Que visitar
Na mancomunidade de municipios galegos do camiño francés, existen unha serie de paraxes que visitar, que non poden ser esquecidos. Desde pequenos recantos escondidos ata os máis grandes e espectaculares monumentos.
Onde comer
Podemos tamén ofrecerlle recomendacións de lugares onde comer. Sitios con especial encanto, onde a nosa gastronomía máis tradicional mestúrase coa cociña máis contemporánea ou sinxelamente ofrecen unha excelente selección culinaria.
Onde durmir
Se o que procura é un lugar onde durmir durante a súa estadía, temos unha excelente selección de hoteis, hostais e casas de turismo rural á súa disposición, que estamos seguros que cubrirán as súas necesidades sexan cales sexan.
Gastronomía no camiño
A gastronomía no camiño non se limita só aos restaurantes e negocios de hostelería onde comer. Tamén lle ofrecemos unha gran selección de produtos gastronómicos que pode mercar no noso comercio tradicional para repoñer forzas ou levar consigo e preparar no seu fogar.
Que facer
E como sabemos que o seu tempo de lecer tamén é importante, facémoslle unha proposta de que facer neses momentos de descanso e desfrute do seu tempo.
Descubra todo o que o turismo desta terra lle pode ofrecer




