Triacastela – Samos – Sarria

Imagen Camino FrancesTriacastela – Samos – Sarria. 24,5 km

Xa se deixan atrás os altos cumios dos Ancares e temos por diante sete días para descubrir a ruta de historias, a alma de Galicia. Aquí compréndese que nada é totalmente unha cousa soa e non fai falla ser natural desta terra para entender esta inconcreción. O bosque está humanizado e a aldea naturalizada, o traballo é cultura e a casa é máis que un lugar para vivir: é un mundo onde se produce, festexa, esconxura, cura ou ama.

E comézase a camiñar escollendo o camiño que leva por quilómetros de corredoiras e camiños de carros, polo  mosteiro de Samos, unha parada ineludible.

Neste día descúbrese que Galicia non ten chairos, Galicia non ten bacíos, todo está cheo de cousas. Enlázanse prados con pequenos bosques, as aldeas que aparecen e desaparecen, sen avisar tras calquera curva. Pásase por lugares de nomes suxerentes.

Chegando a Sarria as árbores forman pequenas colonias entre terreos agrícolas habitados de vacas. Hortas con hortalizas e frutais fornecen as casas dunha autonomía esquecida na maioría do mundo e adéntrase nunha importante vila de paso que floreceu grazas ao negocio do leite.

 

Albergues

  • Albergue de Calvor
  • Albergue de Sarria
  • Albergue de Barbadelo

Perfil do percorrido

Imagen Camino Frances