Triacastela

Triacastela é un importantísimo núcleo histórico dentro do Camiño de Santiago. A importancia é tal que xa no Códice Calixtino, no libro cinco, figuraba como final da úndécima etapa de pelegrinación a Compostela. Na gía da peregrinaxe relátase como "os peregríns collen unha pedra e a levan ata a Castañeda para obter de ela cal que se empregará na construcción da Basílica do Apóstolo"

Está atestiguado en Triacastela a presenza dos Reis Católicos o 15 de setembro de 1486, de Carlos I o 22 de abril de 1520 e de Felipe II o 16 de maio de 1554. Esta importantísima impronta relixiosa comoparte importante do Camiño de Santiago, aínda se pode disfrutar nos nosos numerosos templos e iconografiías espallados polo noso Concello.

Triacastela síntese afortunada de contar un unha beleza paisaxística sen igual. As nosas montañas moldean unha paisaxe caracterizada por unha paleta cromática de inigualable beleza. As catro estacións debuxan aquí un dos seus cadros máis fermosos. Verdes, malvas, turquesas ocres e dourados vanse relevando no tempo. Carballos, acibros, castaños e toda unha diversidade floral autóctona conviven en respetuosa armonía cos seus habitantes dotando a estes paraxes de unha veleza singular e altísomo valor ecolóxico.

A privilexiada natureza coa que contamos, consérvase no seu estado máis puro. Os rios baixan cristalinos bañando unhas ribeiras de exuberante vexetación e as montañas abrazanos con unha paleta cromática de infinitas cores. Así é Triacastela, ven e víveo.

 


 

Máis Información: 

Web do Concello de Traicastela

Web de Turismo de Triacastela