Sarria – Paradela - Portomarín
Sarria – Paradela – Portomarín. 22 km.
Saíndo de Sarria, deseguida se entra nunha impresionante carballeira cunha corta pero dura subida. As aldeas aparecen de repente rodeadas de prados e un par de pistas asfaltadas para dar servizo aos poucos moradores que lles quedan. En todo o día non se atopará un só lugar que xunte máis dunha ducia de casas, a poboación de vacas é moi superior.
A maioría do día séguese un trazado favorable, a menos que a chuvia enchese de lama e auga os camiños. Estase descendendo cara o val do río Miño, que se desliza cruzando toda a Galicia, deixando ao seu paso moitas das zonas máis fértiles e canóns máis impresionantes que se poden imaxinar.
Descéndese por pistas anchas e doadas ata Portomarín, que non se verá ata que se ten mesmo en fronte, cruzando o evocador río galego por excelencia. Portomarín está ao outro lado e tamén debaixo do camiño, nas ruínas da aldea que foi traslada máis arriba para a construción do encoro de Belesar.
O río cheo transmite ao camiñante todo o seu poder, a súa capacidade para atravesar centos de quilómetros cun destino claro e irracional deixándose morrer na inmensidade. O río baleiro comparte a paz e nostalxia da aldea esquecida que vai sendo, cada ano, máis parte indistinguible da terra.
En Portomarín pódese descansar ante a igrexa levada pedra a pedra para presidir unha vila acolledora e tranquila.
Albergues
- Albergue de Ferreiros
- Albergue de Portomarín



