Rutas para desfrutar…

Camino Francés
Camino Francés
Camino Francés
Camino Francés

Este é un territorio extenso e inmensamente rico en espazos naturais que permiten a realización de rutas a pé, a cabalo, en bicicleta…, aproveitando os numerosos ríos e regatos, vales e montañas, corredoiras e camiños. É imposible recoller todas as rutas nesta guía, pero si algunhas:

Imagen Camino FrancesRuta pena do Corvo: (Monterroso).

5 quilómetros de lonxitude cuxos principias obxectivos son o desfrute da beleza natural do entorno e a recuperación dos topónimos menores da zona.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesRuta dos Pazos: (Palas de Rei).

Percorre o concello na busca dos pazos máis representativos.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesRuta dos torrentes de Mácara: (Palas de Rei).

Ruta que comeza en Palas de Rei en dirección a Antas, onde atoparemos un antigo balneario, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio.

Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesRuta do río Loio: (Paradela).

Percorrido de 7 km. que nos leva até San Xoán de Loio, na ribeira do Miño.

Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesRuta fluvial de Samos a Pontenova: (Samos).

Trátase dunha ruta de marcado interese natural e paisaxístico, co importante valor engadido de coincidir co Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Samos.

Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesRuta das Aceas: (Sarria).

Sendeiro fluvial que percorre as dúas marxes do río Sarria, ao longo dos aproximadamente 5 km de percorrido permite admirar a beleza paisaxística e gozar dun contorno con encanto natural.

Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances

Lecer

Os municipios galegos do Camiño Francés son un pracer para os amantes da natureza e do auténtico, calquera espazo é atractivo para perderse camiñando, hospedarse nunha casa rural e facer un ruta en bicicleta, saír a pescar, visitar algún dos museos da zona, desfrutar das numerosas festas tradicionais ou simplemente sentarse a degustar os exquisitos pratos cociñados con produtos autóctonos, mercar nas feiras e comercio tradicional, degustar unhas tapas nos bares, casas de comidas e restaurantes, conversar coas xentes, contemplar especies vexetais (carballos, ameneiros…) e animais (lontras, esquíos, lagarteiros…) darse un chapuzón nas praias fluviais e piscinas, en fin, rutas de historias para percorrer a pé, en bicicleta, a cabalo… ou coa imaxinación.

Unha feira singular é a do gando tradicional de Paradela. O 15 de maio pódese desfrutar dos impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega).

Cada vez un maior número de afeccionados ao parapenteachéganse até aquí (Triacastela) a voar, celebrándose probas para campionatos importantes, atraendo a deportistas de diversas latitudes para competir. Para isto acondicionáronse zonas de despegue e aterraxe para a súa práctica.

Imagen Camino Frances Imagen Camino Frances Imagen Camino FrancesImagen Camino FrancesImagen Camino Frances   Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesMuseo da Terra de Melide: (Melide).

A exposición organízase en tres seccións dedicadas aos Camiños de Santiago, á Arqueoloxía e á Etnografía. É o único museo de estas características que se encontra no camiño o que o converte nun espazo sorprendente.

Antigo hospital para os peregrinos construído alá polo ano 1375, foi reformado en 1502 polo conde de Monterrey, don Sancho de Ulloa y Castro. É un edificio de planta rectangular dividida en tres tramos, cubertos por bóveda de canón suxeitada por arcos torales. Posteriormente usouse como Casa Consistorial e na actualidade é a sé do museo.

Imagen Camino Frances Imagen Camino FrancesImagen Camino Frances Imagen Camino Frances  Imagen Camino Frances