Qué visitar

Qué visitar

Encoros

O Encoro de Portodemouros (Arzúa) é un espazo ideal para os deportes náuticos, sendeirismo e rutas en bicicleta. Atópase aquí o Enredo do Abelleiro, un museo temáticos sobre o mel e a apicultura.

Encoro Portodemouros en Arzúa

Fervenzas

Son un regalo da natureza, espalladas por toda a Mancomunidade, unha das máis características é a fervenza das Hortas (Arzúa) que o regato de Santa Marta forma antes da súa confluencia co río Ulla.

Fervenza das Hortas en Arzúa 

Capela da Madanela

A capela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV.

Capela da Madanela

Carballeira da Mota

Un dos cantos con máis encanto de Arzúa pode encontrarse na pequena parroquia de Santo Estevo do Campo. Un dos maiores atractivos deste lugar é a ampla e frondosa carballeira da Mouta.

Carballeira da Mota

 Outro dos puntos de interese turístico desta parroquia é a coñecida como ermida da Mouta, que se encontra xusto no medio da carballeira.

Ponte de Ribadiso 

Ponte de estilo gótico tardío do s. XII. A ponte máis antiga do Concello de Arzúa. Ten unha base de cachotaría, cun arco de medio punto de cantaría, calzada de granito (obra actual), peitoril bastante alto, tamén en granito. Pasa por riba o Camiño Francés.

Ponte Ribadiso

Serra de Careón

Foto Paxaro

Trátase dunha serra cunha excepcional relevancia botánica, en boa medida grazas aos ríos que a definen, o Furelos, o Seco e o Tambre.

É un cordel montañoso de perfil escalonado e amesetado, de releves suaves, cuxa máxima rolda os 800 m, na que as gándaras se confunden coa vexetación.

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

A aldea de Leboreiro (Melide)

Recibe ao Camiño na provincia da Coruña. Foi un antigo e importante paso xacobeo na Idade Media. Aínda perdura a fachada do antigo hospicio de peregrinos fundado por la familia Ulloa no século XII, as casas son de lousa e pedra. En Leboreiro encontramos un elemento arquitectónico peculiar e exclusivo do lugar, o cabaceiro. Trátase dun gran canasto circular feito con paus entrelazados e cuberto con palla sobre unha base de pedra, a modo de hórreo o seu uso principal é a conservación do millo.

A aldea de Leboreiro 

Igrexa de Santa María de Melide

É xoia do románico galego. Trátase dun templo dunha sola nave e ábsida, os muros e bóveda están decorados con murais do século XIV - XV. No centro da bóveda unha espectacular presentación da sagrada Trinidade.

 Igrexa de Santa María de Melide

Ponte de Furelos (Melide)

Ponte de entrada ao municipio para os peregrinos que fan o Camiño Francés. Ponte medieval do s. XII, de granito, ten catro arcos con doelas regulares, bóveda de medio punto e tallamares triangulares.

Ponte de Furelos (Melide)

O "Cruceiro" máis antigo

Ao lado da igrexa de San Roque encóntrase o coñecido como "Cruceiro de Melide", o que para moitos é o máis antigo de Galicia, probablemente do século XIV.
O anverso representa un Cristo Majestad sediente, mostrando as chagas das mans e cun pano que lle cobre as pernas. O reverso representa un Calvario.

Cruceiro

Capela de San Roque

A actual Capela de San Roque construíuse no ano 1949 con materiais procedentes das igrexas medievais derrubadas de San Pedro e San Roque.
A portada principal, unha das máis fermosas da arte medieval galega, provén da antiga igrexa de San Pedro. No seu interior están os sepulcros medievais de dous notarios melillenses, Diego García, Roi Lopes e da muller deste, Inés Eanes.

Capela

Igrexa de Sancti Spiritus

No corazón histórico de Melide está situada a Praza do Convento, que reune varios edificios monumentais: a igrexa de Sancti Spiritus, a Obra Pía de San Antonio e o Museo dá Terra de Melide.
A igrexa de Sancti Spiritus pertenceu ao desaparecido mosteiro ou convento da Orde Terceira de San Francisco, fundado no século XIV. É un bo exemplo de continuidade no espazo e no tempo. Da antiga igrexa só queda unha pequena capela lateral, con bóveda e arco triunfal oxivais, chamada capela do Santo Cristo, porque talvez estivo nela o Cristo que hoxe está na capela de San Antón. O arco triunfal está sostido sobre dúas columnas. Só se conserva o capitel da columna da esquerda decorado con fitas. Encaixado nunha parede posterior hai outro capitel que pode ser o da columna da dereita. Actualmente temos na capela o retablo que foi da Virxe das Mercedes, obra do século XVIII.

Igrexa

O Castelo

En pleno Camiño de Santiago e xa nos límites da zona urbana de Melide, podemos achegarnos ao miradoiro de "O Castelo" e á Capela da Virxe do Carmen.
No alto dun castro prerrománico onde se encontraron numerosos restos arqueolóxicos, no lugar onde se construíu na Idade Media o castelo de Melide do que só queda o topónimo, podemos ver unha panorámica da Vila de Melide franqueada polos montes Bocelo, Faro e Farelo.

Castelo

Torre de Penas (Monterroso)

De tres plantas, trátase de unha das mellor conservadas do territorio lucense.

Torre de Penas (Monterroso)

Escola

Ó  final do pobo esta a escola republicana feita polo pobo. Na actualidade cedida ao concello, provisionalmente, por un período de tempo, restaurada e destinada a albergues de peregrinos, dotada dunhas boas instalacións. 

escola

A Peneda 

Reconfortante área natural sobre el río Ulla, sus aguas remansadas invitan a un refrigerante y  placentero baño, o a un hidromasaje en alguno de sus chorros, mientras observamos anuestro alrededor, cascadas, puentes de madera y figuras alusivas a la pesca talladas en granito. El camping municipal o las mesas de piedra distribuidas por toda el área, son parte de los servicios de los que dispone para una apacible jornada de ocio.

A Peneda

Cruceiros

Os característicos cruceiros marcan o término municipal sendo algúns de gran interese como o de Lameiros, preto de Ligonde, en pleno Camiño de Santiago, ten no pedestal unha inscrición co nome de Ulloa xunto cos instrumentos da Paixón de Cristo, a continuación o fuste e o capitel coa imaxe de Cristo nunha cara e a Virxe das Dores noutra; outros cruceiros de interese son o de Fente, Frameán ou San Breixo. 

Cruceiros

PATRIMONIO NATURAL 

Se unha cor tivese que definir un concello, a cor verde sería o emblema de O Pino. Verdes en moitos matices, mesturados coa ampla gama das cores terra.
Os cauces do Río Tambre, incluído dentro dos espazos protexidos da Rede Natura 2000, debuxan interesantes recunchos e provocan magníficas paraxes naturais, ademais de deixar mostra ó longo do seu curso de muíños de auga, áreas recreativas ou praias fluviais. 
Mostra dalgúns destes elementos naturais son as áreas recreativas de Pontedapedra en Medín e a Praia Fluvial de A Tarroeira.
Outras paraxes de obrigada visita no Concello de O Pino son a Carballeira da “Feira do Vinte” na parroquia de Cebreiro, a fermosa área recreativa de A Magdalena en Castrofeito e a Fervenza do Río Noa.    

patrimonio natural

PATRIMONIO CULTURAL E HISTÓRICO

A viaxe ó pasado déixanos diferentes perlas coas que lembrar épocas de lonxe no Concello de O Pino. Historias e vidas que recreamos a partir de elementos arquitectónicos que se poden visitar neste municipio.

ARQUITECTURA RELIXIOSA

Neste capítulo é obrigada referencia á coñecida como A Catedral da Montaña, a Igrexa de San Xulián de Lardeiros, que destaca polas súas dimensións e beleza., alzada nun pequeno val, en terras de Montaña. Ao carón un cruceiro que data de 1700, no que se dan dúas correntes artísticas: neoclásico e barroco. En Gonzar érguese tamén maxestuosa a Igrexa de Gonzar. Din que preto do altar maior deste templo está a tumba de Josefa Torres, misteriosa muller que segundo conta a lenda estivo varias décadas sen comer nin beber polo que se lle comezou a dar sona de santa. Figuras literarias como Emilia Pardo Bazán escribiron algún relato inspirado nesta enigmática muller. 

Ademais destas dúas, no Concello de O Pino atopamos outras once fermosas igrexas parroquiais:

San Breixo de Ferreiros, San Mamede de Ferreiros, San Xulián de Cebreiro, San Miguel de Cerceda, Santaia de Arca, San Vicenzo de O Pino, San Miguel de Pereira, Santa María de Castrofeito, Santa María de Budiño, San Esteban de Medín e San Lourenzo de Pastor. 

Igrexa de Lardeiros

En canto ás ermidas existen catro no termo municipal: Santa Irene en Arca, as de Santiso e A Magdalena en Castrofeito e a de San Andrés en Gonzar.

ARQUITECTURA CIVIL

O pasado das grandes familias que residiron en O Pino pode apreciarse nas grandes casas señoriais e rectorais que se atopan no municipio. 
Mostra diso é o Pazo do Marqués de Montesacro ou Pazo de Bermás, que se sitúa no lugar que leva o mesmo nome de Bermás e acolle o maior cedro de Galicia. 
O Pazo de Porto Outeiro, en Medín, conta cun escudo do século XVIII, co brazo armado de Vilardefrancos, o lobo dos Moscoso e torre de Pardiñas.
Destaca tamén o Pazo do Picón, en Arca, co escudo que presenta semellanzas co anterior e un labiríntico xardín a base de plantas de buxo. Preto de Arca, en A Rúa, existe un escudo que dá testemuña da existencia da residencia dun nobre. Ubícase no inmoble situado xusto ó carón do camiño de santiago.

arquitectura civil
TODAS ESTAS EDIFICACIÓNS NOBRES SON PRIVADAS E O ACCESO ÁS MESMAS ESTÁ PROHIBIDO, SALVO AUTORIZACIÓN EXPRESA DOS SEUS PROPIETARIOS.

ELEMENTOS ETNOGRÁFICOS

No referente ós elementos etnográficos son moitas as mostras de cruceiros que existen en O Pino, atopándose exemplos de tódalas épocas e estilos en tódolos recunchos do concello. Un dos máis singulares é o de Lardeiros, que data do 1700 e conxuga dúas correntes artísticas o neoclásico e barroco. Tamén en O Pino, municipio rico en mostras da arte e tradición, atópanse numerosos hórreos, gran cantidade de muíños e moitas fontes e lavadoiros 

elementos etnograficos

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

Destacan neste apartado o asentamento castrexo de San Lourenzo de Pastor, donde foi localizado un recinto ovalado de 110 metros de lonxitude, ademais de restos de cerámica sen decoración e dous torques de ouro de 22 quilates e 350 gramos de peso. Pódense contemplar no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, en A Coruña. 
A outros dous castros localizados en Oza (San Mamede de Ferreiros) e Tarroeira (O Pino), súmase a ponte romana de Ponte Puñide sobre o Río Mera. Neste punto atopouse un Modium de bronce que está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional e que pola súa inscrición data dos anos 360/370.

xacementos arqueoloxicos

O Courel: Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Samos

Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e aguias; terra outa de fragas e devesas... 
A lus do candíl. 1953. Anxel Fole

Ten unha extensión de 21.000 hectáreas, xeoloxicamente é a máis completa das serras galegas. Altérnanse profundos vales (val da Lóuzara) poboados de espesa vexetación característica do bosque mediterráneo e atlántico, cos elevados cumes. Esténdense devesas poboadas de teixos, faias, freixos, ameneiros, abeleiras e acivros.

Os cumes máis destacadas son os de Formigueiros (1643 m) e o de Pía Paxaro (1.610 m).

Foto Courel Foto Cigüeña

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

Do s. IX, fundada polo conde de Aurillac. É un dos monumentos mais antigos do Camiño a Santiago e a ela está ligada a “lenda do San Grial”.

Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

Conta a tradición que se produciu unha milagre, alá polo 1300...cando un frade (de pouca fe) subestimou a un paisano, piadoso, que desafiando as inclemencias do tempo achegouse a oír misa antes de comezara xornada cotiá. O frade dirixiuse a el en ton despectivo, ao velo empapado e tremendo, inquiríndolle como acudía á misa, tan cedo e con tantas dificultades, "para tan só ver un pouco de pan eviñonas súas mans...". No transcorrer da misa, na Consagración, comprobou sorprendido que o pan tomaba aspecto de carne e o viñose transformaba en sangue…Conta a lenda que a Virxe, saíu do Altar Maior e postrouse, para adorar o Corpo e Sangue do Redentor...O santuario foi visitado polos Reis Católicos con motivo do milagre.

Pallozas do Cebreiro 

Conxunto singular de vivendas prerromanas, que resultan da adaptación dos homes ás condicións climatolóxicas adversas. Consérvanse seis pallozas, algunhas convertidas en museo e en refuxio para os peregrinos.Pallozas do Cebreiro (Pedrafita)

Serra de Careón

Foto Paxaro

Trátase dunha serra cunha excepcional relevancia botánica, en boa medida grazas aos ríos que a definen, o Furelos, o Seco e o Tambre.

É un cordel montañoso de perfil escalonado e amesetado, de releves suaves, cuxa máxima rolda os 800 m, na que as gándaras se confunden coa vexetación.

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Igrexa Vilar de Donas 

Unha das referencias do románico galego no Camiño Francés. Do s. XIII, foi declarada monumento histórico-artístico en 1931. Formou parte dun mosteiro fundado a mediados do s.XII pertencente á Orde de Santiago.

 Igrexa Vilar de Donas (Palas de Rei)

O cruceiro, elemento etnográfico de Galicia por excelencia, ten un referente no cruceiro de San Pedro, (Melide) o mais antigo de Galicia. Data do s. XIV.

 cruceiro de San Pedro, (Melide) 

Castelo de Pambre

O mellor exemplo de arquitectura militar medieval, construída por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375. Única fortaleza que resistiu á revolta irmandiña de 1467. No ano 2012 recibiu perto de 50.000 visitas. Actualmente, están suspendidas de xeito temporal as visitas ao interior do recinto amurallado do Castelo mentres duren as obras de rehabilitación.

 Castelo de Pambre, (Palas de Rei)

Ribeira Sacra

Dende a zona norte da Ribeira Sacra, pódese contemplar o encoro de Belesar(Portomarín), en época de escaseo de choivas descóbrese a antiga vila de Portomarín.Foto Paradela

Portomarín foi declarado en 1946 Conxunto Histórico Artístico. Mais o momento que marcou o carácter actual da vila foi a construción do embalse de Belesar no ano 1962, que deixou baixo as augas o vello Portomarín, e obrigou a levar a cabo o seu desprazamento cara o monte do Cristo.

Ribeira Sacra destaca polas súas paraxes, bucólicas nalgúns puntos e agrestes noutros. No comezo do cristianismo establecéronse monxes e eremitas para practicala vida ascética. Co paso do tempo estes asentamentos deron lugar a florecentes mosteiros que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome de Ribeira Sacra, do que existe constancia escrita desde el século XII.

Ribeira Sacra Pardela

Un exemplo é a igrexa de Santa María de Loio (Paradela), que na súa orixe foi o mosteiro de Ribaloio, fundado no s. VIII. A súa importancia é capital na historia do Camiño, porque nel naceu a Orde Militar dos Cabaleiros a Santiago a comezos do s. XII.

Igrexa Santa María de Loio

Tamén o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela), declarado Monumento de Interese Nacional en 1982. Formado polo templo parroquial e a casa reitoral, e rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do monte da Trapa ata o río Miño. Fundado en torno a 1120 para acoller aos peregrinos a Santiago de Compostela.

En definitiva, un valioso patrimonio caracterizado por castelos, igrexas, pazos ou pontes.

 Ribeira Sacra Parradela

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Ribeira Sacra

Dende a zona norte da Ribeira Sacra, pódese contemplar o encoro de Belesar(Portomarín), en época de escaseo de choivas descóbrese a antiga vila de Portomarín.Foto Paradela

Portomarín foi declarado en 1946 Conxunto Histórico Artístico. Mais o momento que marcou o carácter actual da vila foi a construción do embalse de Belesar no ano 1962, que deixou baixo as augas o vello Portomarín, e obrigou a levar a cabo o seu desprazamento cara o monte do Cristo.

Ribeira Sacra destaca polas súas paraxes, bucólicas nalgúns puntos e agrestes noutros. No comezo do cristianismo establecéronse monxes e eremitas para practicala vida ascética. Co paso do tempo estes asentamentos deron lugar a florecentes mosteiros que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome de Ribeira Sacra, do que existe constancia escrita desde el século XII.

Ribeira Sacra Pardela

Un exemplo é a igrexa de Santa María de Loio (Paradela), que na súa orixe foi o mosteiro de Ribaloio, fundado no s. VIII. A súa importancia é capital na historia do Camiño, porque nel naceu a Orde Militar dos Cabaleiros a Santiago a comezos do s. XII.

Igrexa Santa María de Loio

Tamén o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela), declarado Monumento de Interese Nacional en 1982. Formado polo templo parroquial e a casa reitoral, e rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do monte da Trapa ata o río Miño. Fundado en torno a 1120 para acoller aos peregrinos a Santiago de Compostela.

En definitiva, un valioso patrimonio caracterizado por castelos, igrexas, pazos ou pontes.

 Ribeira Sacra Parradela

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Igrexa-fortaleza de San Nicolao (románica S. XII e XIII).

Igrexa-fortaleza de San Nicolao

Constitúe un dos exemplares mais distinguidos do románico lucense pola súa monumentalidade, riqueza de elementos e suntuosidade escultórica. Destaca a beleza do enorme e singular rosetón da fachada, a súa porta vinculada á obra do Mestre Mateo, así como o seu carácter de fortaleza ao ser erguida pola Orde de San Xoán de Xerusalén. Foi trasladada pedra por pedra nos anos 60 á praza da vila, feito que revelan as aínda apreciables inscricións numéricas que se poden observar nas pedras das súas paredes. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931.

Escalinata e capela das Neves

É a porta de entrada á vila de Portomarín para os peregrinos do Camiño de Santiago, xa que se atopa fronte a ponte que cruza o Miño. A escalinata, realizada en granito leva até a capela da Virxe das Neves que está situada nun arco da antiga ponte medieval. Noutrora este lugar estaba ocupado polo hospital que atendía ós peregrinos e vixiaba o tránsito na ponte. Dende aquí pódese gozar dunha vista panorámica do encoroque bica os pés de Portomarín.

Escalinata e capela das Neves

Castro de Castromaior (Portomarín)

Este castro tivo dous momentos de ocupación: un primeiro na Idade de Ferro (s. VIII a.C. e s. II a.C.) e nos primeiros anos do s. I d.C., en contacto coa civilización romana. Destaca o seu bo grao de conservación, así coma as súas grandes dimensións: o poboado organizábase nun total de seis recintos delimitados por murallas, parapetos e fosos, definindo unha superficie habitable de aproximadamente 5 hectáreas.

Castro de Castromaior (Portomarín)

O Courel: Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Samos

Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e aguias; terra outa de fragas e devesas... 
A lus do candíl. 1953. Anxel Fole

Ten unha extensión de 21.000 hectáreas, xeoloxicamente é a máis completa das serras galegas. Altérnanse profundos vales (val da Lóuzara) poboados de espesa vexetación característica do bosque mediterráneo e atlántico, cos elevados cumes. Esténdense devesas poboadas de teixos, faias, freixos, ameneiros, abeleiras e acivros.

Os cumes máis destacadas son os de Formigueiros (1643 m) e o de Pía Paxaro (1.610 m).

Foto Courel Foto Cigüeña
 
Val da Lóuzara

Constitúe unha gran reserva natural capaz de engaiolar a atención do visitante pola súa accidentada orografía, altas montañas dende as que nacen múltiples regatos que logo regan os profundos vales. Allea ao paso do tempo, seguramente debido ao afastamento das restantes zonas e ao seu rudimentario sistema de comunicacións, fan deste lugar un espazo único.

Louzara Samos

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Mosteiro de Samos

De grandes proporcións, foi construído con lousa a cara descuberta ao longo de diferentes épocas, presenta estruturas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. Foi fundado no s. VII.

Mosteiro de SamosRosetón Mosteiro de Samos

Castro de Formigueiros (Samos)

Castro que dispón de varias liñas defensivas, e no que se atoparon varias vivendas escavadas de planta cadrada, construídas con lousa.

Centro histórico da vila

En todas as vilas dos concellos que conforman o territorio da Mancomunidade están presentes destacados conxuntos históricos como puntos desde os cales creceron e se expandiron ao longo dos séculos dende o medievo.

  Centro Histórico Cebreiro

As aldeas son núcleos de poboación tradicionais de Galicia, nalgúns casos o paso do tempo respectou estas agrupacións tradicionais con abundantes hórreos e outras construcións arquitectónicas e etnográficas.

Cabeceiros Leboreiro MelideHorreos Leboreiro Melide

Mosteiro da Madalena 

Construído entre os s. XIII e XIV como hospital e albergue para peregrinos. De orixe románica, só conserva desta época a ábsida. A maior parte das estruturas son góticas.

Mosteiro da Madalena (Sarria)

No camiño cara Portomarín atópase a igrexa de Santiago de Barbadelo (Sarria), declarada Monumento Histórico Nacional en 1976 e BIC en 1980. É un templo románico dun antigo mosteiro (Sancto Iacobi Barbatelli) que dependía do de Samos, do que existen referencias desdeo ano 874 e aparece incluído no Códice Calixtino.A actual igrexaé orixinaria da segunda metade so século XII.

igrexa de Santiago de Barbadelo (Sarria)

Torre da Fortaleza 

Torre medieval do s. XIII, cunha escalinata.

Torre de Sarria