Palas de Rei – Melide

Concellos

Imagen Camino FrancesPalas de Rei – Melide. 14 km

Esta xornada non enfronta ao peregrino a grandes subidas, pero crúzanse moitos ríos e regatos, que preceden pequenas ramplas con camiños en máis ou menos bo estado. Atoparemos seguramente zonas moi húmidas e sombrías, algunhas dan ganas de quedar o día oíndo baixar a auga cristalina  e buscando coa vista peixiños entre as pedras.  A mañá saúda percorrendo un precioso camiño, a saída do pobo faise por un antiquísimo enlousado. Son terras de grandes parcelas de cultivo, sobre todo prados para as vacas que pacen tranquilamente, dando toque de color ao verde infinito. Pronto comezarase a cruzar ríos como o Pambre e a sorprenderse polas riqueza das ribeiras, coas súas árbores pequenas e de formas caprichosas, moitas veces inclinadas formando unha cúpula natural sobre a auga: os ameneiros e bidueiros, os fresnos e salgueiros forman unha cortina translúcida que ocultan os ríos e regatos ata que mollas os pes. Pero as árbores pequenas non  están só na beira dos ríos tamén se atoparán  loureiros de intenso aroma ou camelias, coas súas vistosas flores invernais. Non moi lonxe, pasase por Casanova, a onde se ascende entre piñeiros e carballos, para volver a baixar ata o río Vilar. Así éntrase sen darnos conta na provincia de A Coruña.

Un bonito camiño medieval empedrado conduce a Leboreiro, coa súa capela románica e antigo hospital de peregrinos, un sitio ideal para descansar. Non andamos lonxe do castelo de Pambre, que non nos colle de paso pero é, seguramente, o castelo máis impresionante de Galicia.

Entre piñeiros e os altísimos eucaliptos, que cada vez estarán máis presentes, chegaremos a Furelos, coa súa ponte medieval. Case estamos en Melide, terra de bo queixo e mel, onde se pode conseguir tamén leite fresco de vaca ou doces típicos da zona.

É unha etapa auténtica, na que nunca un se sente lonxe da civilización nin cerca das preocupación diarias. Apréciase riqueza ao redor, na herba, nas vacas, na calidade de vida, nas grandes casas. Non é riqueza en forma de luxo senón riqueza en valores, en solidaridade, en amor ao teu e en traballo ben feito; é riqueza de espírito.

 

Albergues

  • Albergue de Melide

Perfil percorrido

Mapa do percorrido