O Pedrouzo - Santiago de Compostela

 

Concellos

Imagen Camino FrancesO Pedrouzo (O Pino) – Santiago de Compostela. 20 km

Nesta última etapa habería moito máis que dicir sobre as emocións que sobre o entorno, pero iso seguramente cada un o experimentará a súa maneira. A maneira en que o camiño fai que un se sinta será probablemente unhas das experiencias máis importantes e preciosas que levarse cada un a súa casa.

Aínda que só quedan 18 quilómetros, non hai que confiarse. O principio de etapa segue coa tendencia dos últimos días, con tramos sombríos entre arboredos alternados por lugares habitados aos poucos metros. Pronto se comezará cunha subida que non ten excesiva pendente, nin é larga, nin difícil, pero é dura, ou así vai parecer a estas alturas de Camiño. Circúlase por un camiño sombrío e rodeado eucaliptos ata acadar a altura do aeroporto de Labacolla. Dende aquí séguese un camiño estreito e ben coidado en descenso ata aproximarnos á zona de San Marcos. De aquí ata o monte do Gozo crúzase un tramo de auténticos tobogáns empinados e curtos, seguramente preguntarase impacientemente se trala seguinte costa estará xa Santiago.

Non será ata acadar o Monte do Gozo cando se poderá percibir a silueta da Catedral. Santiago, que está ao noso alcance, deixándose levar costa abaixo ata somerxerse no fervedoiro compostelá. A moitos faránselle tan duras as baixadas como as subidas así que non hai que confiarse porque aínda quedan uns 6 quilómetros.

Cando se cruza a ponte sobre a autopista estase entrando no casco urbano. A avenida métese entre grandes edificios modernos ata San Lázaro, a última aldea que forma na actualidade parte do casco urbano engulida polos mastodónticos edificios e vivendas.

3 quilómetros máis adiante éntrase, por fin, no casco vello a través da rúa de San Pedro. Xa se atopan un dos conxuntos históricos máis importantes de Europa. Rúas estreitas que agachan unha gran actividade en toda a cidade invitan a quedar e empaparse da forma de vida e, porque non, da choiva, que din que en Santiago é arte.

Chégase á catedral pola súa parte de atrás, pola praza da Quintana. É un espectacular espazo que dá á porta santa, aberta só en anos Xacobeos. A praza de praterías permite ver unha fachada da catedral que marabillará, pero a do Obradoiro é, sen dúbida a que quedará na retina para toda a vida.

Neste espazo rematan uns días que serán inesquecibles percorrendo as sendas infinitas do Camiño e do espazo que abrangue a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Albergues

  • Residencia de Peregrinos de San Lázaro
  • Albergue de Monte do Gozo

Perfil do percorrido

Imagen Camino Frances

Mapa do percorrido