O camiño Francés

A lonxitude do traxecto en Galicia ten aproximadamente 160 quilómetros. A zona mancomunada é testemuña deste percorrido, dende que o camiñante entra en Galicia ata que culmina o seu andar en Compostela.

Foto Plaza Obradoiro

Hai unha serie de etapas que o camiñante pode tomar como referencia para organizar o percorrido, non obstante nós convidamos a que o peregrino faga un percorrido libre de ataduras xa que o lugar máis apropiado para descansar, para visitar, para durmir ou comer, debe elixilo cada un.

Foto pegadas

A zona que abrangue a Mancomunidade é atravesada polo camiño; cada concello, cada lugar… ten espazos para o desfrute do peregrino.

(Ver a sección Turismo)