Melide – Arzúa

Concellos

Imagen Camino FrancesMelide – Arzúa. 14 km

Etapa doada, con camiños coidados, en bo estado e pequenas pistas asfaltadas que permiten camiñar comodamente de aldea en aldea. Aínda que chegando a Arzúa preséntase unha subida moderada, duns 2 quilómetros.

Tampouco se esperan chairos, que escasean en Galicia, pero estase seguramente nun dos tramos que máis agradecerá o noso corpo. Agradécese chegar a Arzua, terra do queixo por excelencia, último gran pobo que cruzaremos antes da, xa máis próxima, chegada a Santiago de Compostela.

Polo camiño déixanse zonas que alternan xa moitos eucaliptos con algunhas  fragas autóctonas de carballos e bosques de ribeira.

Pronto se cruza Boente, coa súa fonte de catro canos e igrexa. Seguindo o camiño chegamos a Ribadiso, cunha ponte Medieval cruzando o río Iso. Aquí hai tamén un dos albergues máis bonitos do camiño. As casas vellas rehabilitadas asómanse ao río, onde os peregrinos  soen bañarse no verán. A pequena aldea de Ribadiso é toda ela un espectáculo polas súas tradicionais casas de pedra e lousa á beira do río e está a só dous quilómetros de Arzúa.

Ao pouco, en Castañeda, atópanse tamén restos dunhas antigas fábricas, fornos de cal, que servían para abastecer de materiais na construción da Catedral de Santiago.
Pronto se chega a unha das vilas gandeiras máis importantes de Galicia. En Arzúa hai abundantes servizos e aloxamentos para repoñer forzas sabendo que xa se pasou o máis difícil e só queda un par de xornadas, 40 quilómetros e xa se estará na desexada Santiago de Compostela.

 

Albergues

  • Albergue de Ribadiso
  • Albergue de Arzúa

Perfil do percorrido

Imagen Camino Frances

Mapa do percorrido