Melide

Descargar Guía de Melide (PDF)

Web de Turismo do Concello de Melide

FESTAS, FESTIVIDADES E EVENTOS

FESTA DO MELINDRE E DA RESPOSTARÍA TRADICIONAL

Celebrase o segundo domingo do mes de maio en plena zona histórica de Melide e está dedicada á repostaría tradicional melidá: melindre, rico e amendoado.

FESTA DO POLBO NO CAMIÑO

A festa ten lugar no cantón de San Roque. Nela pódense degustar racións de polbo por un módico prezo.

SAN ROQUE

Comeza o 15 de agosto e dura varios días. Sen dúbida una das festas populares máis importantes de Galicia.

OUTRAS FESTAS RELIXIOSAS

O CARME, do 16 e 17 de xullo

SAN ANTONIO, o 13 de xuño

SAN PEDRO, 29 de xuño, padroeiro de Melide.

CORPUS CHRISTI, no mes de xuño. Confeccionase pola veciñanza unha alfombra de flores que cobre toda a praza do convento.

SEMANA SANTA,  salienta a procesión da Virxe da Soidade.

 

OUTROS EVENTOS DE INTERESE

SAN CARALAMPIO.-  Segundo domingo de setembro, festa de reminiscencias báquicas en Melide adicada ao viño.

FOLIADA.- última semana de abril, onde folclore galego ten o seu protagonismo. De interese o concurso de Cantos de Taberna, certame que se desenvolve nos bares de viños da zona antiga.

CONCENTRACIÓN MOTEIRA MILLI RIDERS.- organizada polo Moto Club Milli Riders no mes de xuño para os amantes das motos.

SALÓN DE VODA.- celebración anual na que participan máis de 50 expositores especializados no eido das vodas.

SEMANA DA MÚSICA TERRA DE MELIDE.- organizada pola Coral Polifónica de Melide.

MERCAMELIDE, feira de oportunidades, con artigos de calidade a prezos reducidos.

 

A MOVIDA

Melide é o epicentro da movida galega durante as fins de semana, una das máis puxantes e recoñecidas de Galicia, a onde se achegan mozos e mozas de moitos puntos do territorio galego. Comeza nos bares de viños da zona antiga para rematar nos pubs e discotecas da zona nova. A movida melidá dispón dun transporte nocturno propio de buses con seis rutas que cobren dezaoito concellos.

 

GASTRONOMÍA

O principal atractivo desta terra é o seu carácter rural cunha gastronomía baseada na cultura e nos recursos propios do campo. Isto pódese comprobar degustando a cociña local.

As empresas agroalimentarias, artesanais e turísticas, non só do pobo de Melide senón tamén da bisbarra Terra de Melide, abren as súas portas para brindar a oportunidade de ensinar o proceso de elaboración dos seus produtos: mel, queixo, doces, o polbo, empanadas, pan entre outros.

Melide ten unha grande oferta gastronómica da que imos salientar algúns produtos.

É o queixo o produto máis consumido polos galegos. Os campesiños da principal zona de produción, bisbarra Terra de Melide, elaboran sempre de forma tradicional este produto utilizando leite de vaca natural e enteiro.

Destacamos tres tipos de queixos típicos: o queixo branco fresco, que se degusta recén feito. O queixo manteigoso, cunha textura untosa e por último o queixo de Nabiza, característico da zona, que se obtén do leite de vacas alimentadas con nabos. Este queixo obtense despois dun longo tempo de curación nun lugar seco e fresco, dende o día da súa elaboración.

O mel que se produce na zona é un produto natural elaborado artesanalmente polos campesiños dos arredores, pódese encontrar no mercado celebrado cada domingo na Praza do Celeiro.

Neste mercado tamén podemos encontrar o produto estrela o grelo, cultivado en terreos familiares de pouca extensión. Esta hortaliza son follas tenras dos nabos que xermolan xusto antes da floración. Durante anos, foron o alimento básico dos galegos, cultivado exclusivamente en Galicia. Isto faise notar nos pratos tradicionais como o lacón con grelos, o cocido galego ou o caldo galego.

Debido ás condicións climatolóxicas idóneas da zona, pódese encontrar nos seus montes diversas variedades de cogomelos como: boletus, níscaros ou chantarellas que pola súa abundancia se introduce cada vez máis nos nosos pratos.

A privilexiada situación xeográfica de Melide, no centro de Galicia, ocupa un espazo natural verdadeiramente excepcional. Os seus pastos sempre verdes alimentan unha gandaría de exquisito sabor. Contamos cunha gran produción cárnica de primeira categoría como a tenreira, o porco, o galo de curral e o capón.

Un dos elementos naturais máis representativos de Melide é o Río Furelos, onde os afeccionados á pesca poden encontrar nas súas augas as famosas troitas de río.

As guías de turismo din que é esta unha das zonas de Galicia que, sen ser costeira, ofrece unha das porcións de polbo máis saborosas utilizando unicamente ingredientes naturais e sinxelos como o aceite de oliva, sal e pemento. Converténdoo nun prato de referencia que atrae miles de turistas ao longo do ano.

Pero sen dúbida o produto máis famoso son os melindres, son unhas rosquillas moi pequenas cubertas cun xarope que, ademais de darlles un toque brillante, incrementa o seu sabor doce. Está elaborado con produtos naturais como a fariña de trigo, ovos, manteiga e azucre.

Unha especialidade exclusiva de Melide son os ricos que elaborados dunha forma tradicional amasando fariña, azucre, ovos, anís e manteiga se obtén unha masa que se estende formado cordóns para logo cortar unhas porcións duns dez centímetros para logo enfornalos.

Pero ademais dos anteriores, non podemos esquecer outros doces elaborados nos fornos tradicionais como as canas recheas e os amendoados. Nestes mesmos fornos tamén se elaboran o pan tradicional galego e as súas empanadas recheas de produtos naturais propios da terra.

Para enxalzar a repostaría tradicional de Melide, o segundo domingo de maio ten lugar a "Festa do Melindre e de Repostaría Tradicional", declarada festa de interese turístico en 2013.

 

Descargar Guía de Teléfonos de Interese de Melide (PDF)

 


 

Máis Información: Web do Concello de Melide

Web de Turismo do Concello de Melide