Mancomunidade

A Mancomunidade de municipios galegos do camiño francés abrangue todos os concellos desde que o Camiño de Santiago entra en Galicia ata o límite con Santiago de Compostela. Nesta fermosa ruta, o visitante será recibido por unhas fermosas paisaxes e xentes agradables, que farán da visita unha experiencia difícil de esquecer.

Paradela

Nos concellos que compoñen a Mancomunidade, o visitante poderá disfrutar de todos os servizos que temos preparados para el. Desde o merecido descanso do peregrino ata os servizos de información e asesoramento, pasando polos excelentes produtos gastronómicos e a cultura da nosa terra.



O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino son os municipios polos que transcorre esta ruta de historias, de lenda, de cultura e de paraxes inesquecibles.

Acompáñenos nesta visita e nós acompañarémolo a vostede para que a súa experiencia nesta marabillosa terra sexa o máis grata posible.

Se o precisa, tamén temos dispoñible para vostede unha sección de contacto, na que atenderemos gustosamente as súas dúbidas, consultas ou suxestións.
Agardamos que esta sexa a máis agradable das súas visitas.

Descarga aqui os estatutos da mancomunidade