inicio

'The way', unha película que transcorre no Camiño de Santiago

Sorry, you need to install flash to see this content.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Nov. 10  (ACI/Europa Press)

O director Emilio Estévez e o seu pai, o actor Martin Sheen, presentaron en Santiago a estrea en salas da película "The Way", un filme que chegará a 150 cinemas de toda España cunha historia que transcorre no Camiño de Santiago e que constitúe "a gran película do Xacobeo".

Así o explicou durante a presentación o *conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que destacou que a 'road movie' producida por Filmax representa á perfección o que significa o Camiño de Santiago a través de "unha historia preciosa".

 
 

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés está formada por once concellos: Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela. Abarca territorios de dúas das catro provincias de Galicia, Lugo e A Coruña, e de seis comarcas: Os Ancares (Pedrafita), Sarria (Paradela, Triacastela, Samos e Sarria), Lugo (Portomarín), A Ulloa (Monterroso e Palas de Rei), Melide (Melide) e Arzúa (O Pino e Arzúa).

Un territorio marcado por unha ruta de historias, un territorio de camiños milenarios polos que percorrer o corazón de Galicia.


 

O Camiño Francés cara a Compostela é o camiño que máis transcende, que mais visitantes atrae pola súa beleza paisaxística, polo seu valor patrimonial e cultural así como pola súa gastronomía.

Referentes son o queixo de Arzúa-Ulloa e tamén o do Cebreiro, a igrexa-fortaleza de San Nicolás de Portomarín así como o seu augardente, o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño en Paradela, o mosteiro da Madalena en Sarria, Os Ancares en Pedrafita do Cebreiro, a Serra do Careón en Melide e Palas de Rei, o mosteiro de San Xulián de Samos, o espazo natural do Courel en Triacastela, a Torre de Penas en Monterroso ou as zonas de pesca nos ríos.