Historia

O Camiño de Santiago (St. James Way)

Sorry, you need to install flash to see this content.

Dende o descubrimento da tumba do apóstolo foron moitos os que, movidos pola piedade, decidiron viaxar ata Santiago de Compostela para visitar os santos restos, e polo tanto transitar estas terras que levan ao viaxeiro ate o corazón de Galicia. Os primeiros peregrinos de prestixio foron os reis asturianos e posteriormente leoneses.
O camiño tiña un carácter eminentemente popular polo que a maioría dos peregrinos pertencían ás clases baixas da sociedade. Será coa visita de persoeiros ilustres, cando teñamos constancia escrita.

 
 

O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición histórica (as principais vías deste Camiño tanto en Francia como en España ficaron descritas con precisión cara o 1135 no Codex Calixtinus, libro fundamental xacobeo) e que goza de máis recoñecemento nacional e internacional. O seu trazado a través do norte da Península Ibérica quedou fixado a finais do século XI, grazas ao labor construtivo e de promoción de monarcas como Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Aragón, así como de Afonso VI e os seus sucesores.

Imagen Mosteiro de Samos

O Camiño Francés adquire entón un trazado preciso en Francia a través das catro vías principais xa descritas no Codex Calixtinus. Tres destas rutas (París-Tours, Vézelay-Limoges, e Le Puy-Conques) entran en España, vía Jean Pied de Port, por Roncesvalles, en Navarra, mentres a cuarta (Arles-Toulouse) entra polo porto de Somport e continúa ata Jaca, en terras de Aragón. O itinerario de Roncesvalles, que cruza a cidade de Pamplona, únese co aragonés en Puente la Reina (Navarra).