Gastronomía do Camiño

Gastronomía para… a ruta de historias

Imagen Camino FrancesQueixo

Quizais o produto gastronómico mais característico da Mancomunidade sexa o queixo,tanto o de Arzúa-Ulloa (cuxa elaboración se realiza nos concellos de Arzúa, Melide, O Pino, Monterroso e Palas de Rei) como o do Cebreiro (Triacastela e Pedrafita). Ámbolos dous queixos posúen a denominación de orixe, son elaborados de forma artesanal e comercialízanse frescos e curados.

Imagen Camino Frances

A Festa do Queixo de Arzúa é unha Festa de Galicia de Interese Turístico. Celébrase dende 1976 tódolos anos no primeiro domingo de marzo. O queixo de Arzúa posúe dende 1989 a denominación de Produto Galego de Calidade.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesO capón

O capón ten tradición nesta Mancomunidade. Tódolos anos dentro da Feira de Nadal (Arzúa) do día 22 de decembro realízase a feira de Capóns, prato típico do Nadal.

Imagen Camino FrancesO galo piñeiro

Galo piñeiro, característico do Pino, cocíñano de forma exquisita. Declarado Festa de Galicia de Interese Turístico, ten lugar o primeiro domingo de agosto.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesO polbo

O polbo é un prato típico destas terras, onde se pode degustar as racións de polbo máis saborosas do país. En Melide é tradición deterse a comelo e tamén en Sarria, pero por toda a Mancomunidade hai establecementos que o preparan de forma tradicional (á feira) ou a grella, en empanada…

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesAnguías

As anguías pescadas no Miño, especialmente en Portomarín e Paradela, cunha técnica característica da zona: os caneiros. Esta arte de pesca permite a captura das prezadas anguías mediante a instalación de gaiolas con forma de cuña nas que as anguías se agochan para protexerse da corrente. Son recollidas nos días de crecida. Existe unha tradición en torno a este ritual que se basea en fritir e comer no mesmo caneiro a primeira anguía da tempada.

 

Imagen Camino FrancesA troita

Son innumerables os regatos e ríos nos que perderse unhas horas e practicala pesca. Cociñar as troitas pescadas ou se a fortuna non acompaña acudir a un restaurante para degustalas é unha proposta que recomendamos. No río Tambre o seu paso polo Pino pódese acudir ao coto de Sigüeiro, en Melide no río Furelos, en Arzúa no río Iso, Oribio Alto nos concellos de Triacastela e Samos, no río Sarria os cotos de Frollais e Ronfe, no río Ulla ao seu paso por Monterroso e Palas de Rei están os cotos de Ulloa, Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesCogomelos e castañas

Manxares de temporada son os cogomelos e castañas que podemos atopar nos montes, prados e restaurantes da zona.

Imagen Camino Frances

Imagen Camino Frances

Imagen Camino FrancesO xamón

O xamón, outra parte do porco das que é un pracer dar boa conta, como mostra este poema,

Imagen Camino Frances

 

Imagen Camino FrancesPorco e Tenreira

A cociña nesta zona destaca pola súa elaboración caseira, baseada en produtos naturais típicos da zona, como son os derivados do porco e tenreira, cos que se elabora o afamado cocido e outros manxares, como os embutidos Sarrianos ou a carne de porco de O Cebreiro.

Imagen Camino Frances

Groria do porco, frol da invernía,
Sona da casa, lapa da carne
Xamón.
Densidá ilustre da cena sábia,
Graza e potenza, rosa do pote
Xamón!

(Ramón Otero Pedrayo, co gallo dunha estadía en Monterroso, deixou escrito este poema ó xamón de Monterroso)

Imagen Camino FrancesRepostería

Esta é unha terra con tradición reposteira, famosos son os melindres e repostería tradicional (como o rico, manxar único e autóctono de Melide, feito de fariña, azucre, manteiga, limón, anís e ovos), cada segundo domingo de maio Melide celebra a Festa do Melindre.

Os biscoitos de Manjarín de Samos levan facendo as delicias das bocas máis esixentes dende hai máis de 250 anos. O roscón de Páscoa, a tarta de Áncano de Portomarín.

É moi recomendable tamén probar o pan artesán de O Cebreiro.

Imagen Camino Frances

 

Imagen Camino FrancesAugardente

Para rematar calquera comida elaborada con estes excelentes produtos autóctonos recomendamos a augardente,con moita tradición na zona e que ten a súa máxima expresión na vila de Portomarín, elaborado segundo unha vella usanza: a alquitara, que só é empregada neste concello. Dende 1971 celébrase a Festa da Augardente.

Imagen Camino Frances