Etapas galegas
Desde Jean Pied de Port - Compostela: 775 quilómetros
A lonxitude do traxecto en Galicia ten aproximadamente 160 quilómetros. A zona mancomunada é testemuña deste percorrido, dende que o camiñante entra en Galicia ate que culmina o seu andar en Compostela.
Hai unha serie de etapas que o camiñante pode tomar como referencia para organizar o percorrido, non obstante nos convidamos a que o peregrino faga un percorrido libre de ataduras xa que o lugar mais apropiado para descansar, para visitar, para durmir ou comer, debe elixilo cada un.
A zona que abrangue a Mancomunidade é atravesada polo camiño; cada concello, cada lugar… ten espazos para o desfrute do peregrino. (Ver a sección Turismo)




