Arzúa – O Pedrouzo (O Pino)

Concellos

Imagen Camino FrancesArzúa – O Pedrouzo (O Pino). 19 km

Unha nova etapa rompe pernas, pero un pouco máis suave que as anteriores. Non atoparemos grandes subidas. Comézase coa saída pola rúa do Carme, unha bonita rúa empedrada, rodeada de soportais de casas antigas e ben conservadas.

Volveranse cruzar moitos ríos, ou máis ben regatos, e moitas zonas poderían embarrarse con pouco que chova. Nesta zona os eucaliptos dominan cada vez máis os bosques. Os carballos aparecen salpicados en pequenas manchas pero o que predomina nesta etapa é a terra cultivada. Nalgunha ocasión a espesura do bosque é tal que nos deixa case na escuridade. Circulamos case sempre por pistas ven coidadas case nunca asfaltadas pero con tendencia a que o terreo sexa chairo e doado. Encontraranse numerosos peregrinos e mesmo hai abundancia de bares, tendas e lugares para repoñer víveres.

Aínda que no día de hoxe crúzanse moitas aldeas, coas súas 2 ou tres rúas de casas pegadas, comézase a atopar tamén moitas casas espalladas. Esta é unha das características do rural de Galicia, sobre todo nas zonas máis próximas ás urbes e grandes vías de comunicación. Ao galego gústalle vivir rodeado das súas terras, nun lugar espazoso, nunha casa a ser posible grande.

Altérnanse as zonas sombrías entre arboredas con outras máis abertas, cruzando en varias ocasión a estrada nacional ou circulando en paralelo a ela, polo que pedimos máxima atención ao cruzala.

O Pedrouzo é un bo sitio para rematar a penúltima etapa porque está a unha distancia asequible de Santiago (18 quilómetros) e ten bastantes prazas nos albergues.

 

Albergues

  • Albergue de Santa Irene
  • Albergue de O Pino

Perfil do percorrido

Mapa do percorrido