Bandera de Galicia Bandera de España

Pedrafita do Cebreiro – Triacastela. 22 km


 

Os peregrinos que veñen de lonxe, chegan ao Cebreiro a través dunha das probas máis esixentes do camiño, a medida definitiva das súas forzas será a subida ao Cebreiro. Ao chegar a Herrerías, o Camiño bifúrcase: a pe, subimos ata O Cebreiro; a cabalo ou en bicicleta, seguimos pola A-6 ata Pedrafita do Cebreiro e despois pola LU-633 cara a Samos.

Co comezo da subida á aldea que coroa o porto, o peregrino somerxese en camiños antigos e coroados por enormes copas de árbores centenarios. As ramplas serpentean entre enormes castiñeiros. No inverno, a mezcla de pedra pizarrenta esvaradía, auga correndo, lama e empedrados irregulares fan esta proba persoal máis intensa. Pola contra no verán, agradécese a sombra das redondas copas e a humidade o estreito val que dirixe os primeiros quilómetros de subida.

Son imprescindibles as paradas a fotografar cada recuncho da inmensa fraga que atravesamos para emocionarse cos incribles contrastes que brinda a porta de entrada a Galicia. Tras a pelexa cos duros camiños do inicio pódese ir collendo un pouco de ritmo cando os camiños enlamados non o impiden. Atravésase unha primeira aldea entre ramplas empinadas e a miúdo séntese como o tempo cambia ao entrar en Galicia con nubes fertilizadoras saudándonos polo Oeste.

Nas partes máis altas, a densa fraga da paso a prados. O camiño xa non está encaixado entre valados de pedras senón que é unha senda usada xa só por peregrinos.

O Cebreiro é unha aldea que o abandono mantivo intacta, e que logo foi recuperada para o turismo con respecto ás súas formas tradicionais. Unha capela simple pero sorprendente, pallozas que mestúranse cos turistas dos bares e aloxamentos.

Do Cebreiro ao alto do Poio desfrútase de maxestosas vistas de interminables cumios de montes dos Ancares, destacando as que se poden observar desde o Monumento ó Peregrino.

O camiño, ao seu paso polo concello de Pedrafita do Cebreiro, invítanos a visitar entre outros os núcleos de O Cebreiro, Liñares e Hospital, completamente rehabilitados, e outros como Fonfría, en proceso de rehabilitación.

No Poio, a 1335 mts. comézase un interminable descenso. Esta baixada non nos levará como Dante ao inferno senón ao verdor infinito, ás aldeas recollidas, á fertilidade e ós regatos, ás vacas e os galiñeiros: un descenso ao paraíso. Os camiños do descenso son pedrentos, revirados, enlamados, perigosos, sucios, entre balados, cruzando aldeas, abertos ou recollidos, luminosos e sombríos, un descenso marabilloso e interminable entre carballos, castiñeiros, aldeas, prados, toxos e xestas. O home e a natureza intégranse organicamente, de forma indistinguible. Agora non estamos tan só no camiño de Santiago senón nos camiños milenarios que a humanidade traza para vivir en harmonía coa natureza, as venas pola que circula a riqueza e a cultura polos órganos vitais dese gran organismo que é a zona que abranguen os 11 concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.
 

Pedrafita do Cebreiro – Triacastela. 22 km